HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela visita Italia

Alumnado do IES A Pinguela visita Italia

Estiveron en Milán e visitaron en Rho unha coñecida feira de empresas, "Artegianato in Fiera".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alumnado dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Asistencia á Dirección do IES A Pinguela veñen de realizar unha viaxe a Milán para visitar en Rho a feira de empresas Artegianato in Fiera.  

Trátase dunha moi importante mostra de empresas artesáns de todo o mundo que acolle nas instalacións do que foi a Expo de Milán. Alí están presentes propostas artesáns non só de todas as rexións de Italia senón de distintos países dos cinco continentes, polo que tamén axudou ao seu achegamento a outras manifestacións culturais.

Artegianato in Fiera. Foto: IES A Pinguela.
Expedición do IES A Pinguela en Venecia. Foto: IES A Pinguela.

A expedición do centro de ensino monfortino aproveitou tamén a estancia para recorrer Milán na busca das súa riqueza artística e achegarse á cidade de Venecia.

Paseo en Góndola do alumnado. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...