HomesociedadeCourel reivindícase como denominación da comarca

Courel reivindícase como denominación da comarca

Os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil conforman a comarca de Quiroga. Desde C@urel Vivo reclaman que a comarca sexa coñecida polo nome de comarca do Courel como espazo máis representativo deste territorio.

Publicado o

- Advertisement -

As comarcas creáronse coa Lei de Desenvolvemento Comarcal 7/1996 do 10 de xullo, que no seu artigo 27 recolle “a comarca concíbese como un ámbito territorial intermedio, formado por un conxunto de concellos que teñen unha cohesión interna entre eles baseada en feitos xeográficos, históricos, económicos e funcionais. A aplicación formal e temporal do Plan de desenvolvemento comarcal concretarase nun Mapa comarcal, no que aparecerá a delimitación territorial das distintas comarcas, e a súa aprobación e sucesivas modificacións serán efectuadas por decreto do Consello da Xunta”.

Aquela lei supuxo a consolidación legal dun modelo experimental de desenvolvemento local iniciado no 1990. No 2008 aprobábase a lei 12/2008 do 3 de decembro pola que se modificaba a lei do 96 e recollía textualmente, “A intervención no territorio que pretendía ese modelo tiña como obxectivo a corrección dos desequilibrios territoriais. Partía de estruturas comarcais como pezas básicas para acadar un desenvolvemento territorial equilibrado e introducía o deseño de instrumentos de planificación comarcal e a creación e designación de órganos encargados da súa execución. Con todo, o tempo transcorrido desde a aprobación de devandita lei amosa uns escasos resultados. Constátase que os instrumentos de xestión e promoción deseñados apenas contribuiron a estimular o desenvolvemento endóxeno da xeneralidade das comarcas do país e a dinamizar aquelas de carácter rural con maiores índices de regresión económica e demográfica”.

Mapa Turismo de Galicia

Esta lei suporía a disolución da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, o peche dos centros comarcais e a recolocación dos funcionarios deste departamento. Os instrumentos de xestión e promoción non funcionaron como se esperaba pero non se definiu nada respecto da idoneidade das comarcas creadas ou os seus nomes.

No caso que nos ocupa é a formación, C@urel Vivo, a que propón variacións e o tema levarao ao próximo pleno, acolléndose ao artigo 33 da lei do 96 “A delimitación comarcal contida no documento a que se refire este título poderá ser obxecto de modificación, segundo o mesmo procedemento establecido nos artigos anteriores, coa especialidade de que unicamente se lles dará traslado á Deputación Provincial e ós concellos directamente afectados.”

Espera C@urel Vivo que todos os concellos implicados fagan o mesmo e a comarca se comece a chamar Comarca do Courel. Para esta formación política, este nome é máis axeitado porque a Serra do Courel atravesa grande parte do seu territorio nesta Comarca. Lembran que no caso da Comarca dos Ancares, chámase así porque a atravesa a Serra do mesmo nome e non lle chaman Comarca de Becerreá por ser a vila de influencia.

Gráfico de buscas Google / C@urel Vivo

Segundo C@urel Vivo nas bucas en Google como destinos turísticos, sae Courel como a palabra máis buscada entre os termos: Caurel, Courel, Quiroga… Polo tanto, conclúen que en referencia ao turismo as cousas irían mellor sendo Comarca do Courel.

Tamén desde o punto de vista turístico consideran beneficioso para os tres concellos da comarca, que esta leve o nome da serra, para os produtos locais e por integrar xa proxectos cun nome común. Neste senso lebran que para o propio proxecto do Xeoparque, os tres alcaldes destes concellos, elixiron Courel por ser o nome con máis repercusión no exterior. Para C@urel Vivo esto significa que o nome Courel representa a xente dos tres concellos.

Logotipo Xeoparque

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...