HomesociedadeCervexaría Mulligan’s e Abadía San Simón gañan o Cume Tapas Exprés de...

Cervexaría Mulligan’s e Abadía San Simón gañan o Cume Tapas Exprés de Monforte

Nesta edición do Cume Tapas Exprés, celebrada do 26 ao 29 de outubro, o recadado polas inscricións dos participantes foi destinado á loita contra o cancro de mama.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres, no entro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, na entrega de premios do Cume Tapas Exprés, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) coa colaboración da Deputación de Lugo.

No acto de entrega dos premios, José Tomé felicitou aos galardoados, votados polos consumidores: a Cervexaría Mulligan’s, coa tapa Explosión de esperanza; e Abadía San Simón, con Solomillo real con salsa de setas de tempada. Durante o acto, tamén se fixo entrega do cheque ao gañador da estancia para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico Spa****, de Oia, en Pontevedra.

Ademais do mandatario provincial, participaron no evento o presidente da APEHL, Cheché Real Castro, a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria Prada, e a delegada da asociación de loita contra o cancro en Monforte de Lemos, Marisa Sobrino.

A Deputación colabora coa APHEL cunha achega de 40.000€ para levar a cabo diferentes accións promovidas polo colectivo co obxectivo de favorecer a promoción turística e gastronómica da provincia, entre eles este concurso Cume Tapas Exprés.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...