HomeCulturaJeff Espinoza, 'idilio total' co Círculo Saviñao e co seu público

Jeff Espinoza, ‘idilio total’ co Círculo Saviñao e co seu público

O músico californiano afincado en España volveu actuar na sociedade de Escairón, nesta ocasión acompañado do madrileño Emilio Arsuaga. O público do Saviñao puido gozar dun espectáculo de gran calidade con dous grandes do country e blues de Europa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Jeff Espinoza volvía a Escairón, concretamente ao Círculo Saviñao, lugar onde actúa polo menos unha vez ao ano dende o 2012. Desta volta chegaba acompañado do músico madrileño Emilio Arsuaga. No salón de actos interpretaron cancións de raíz americana dos seus discos individuais e de colaboracións inéditas dos últimos tempos.

O californiano Jeff Espinosa trouxo unha vez máis o seu talento aplicado á música de raíz popular norteamericana e interpretou temas de “Red House”, “Red House Hits 1997-2012”, “Red House & Friends” ,”Gypsy Runner” e do último “Classic&Vintage Blues” así como outras
do seu repertorio.

Jeff espinoza actúa no círculo saviñao polo menos unha vez ao ano dende o 2012

COMPAÑEIRO DE ESCENARIO E VALORACIÓNS DO CONCERTO

Espinoza chegaba acompañado de Emilio Arsuaga, músico para o que era a primeira vez que actuaba nas terras do Saviñao, concretamente no Círculo. Arsuaga é un armonicista, compositor e cantante madrileño que comezou facendo rockabilly para decantarse posteriormente polo blues. Na actuación chegaron da súa man temas dos seus discos “Emilio Arsuaga & The Mad Reeds” e “Lazy Lester Forever”.

“Foi un concerto extraordinario, unha tarde máxica, como a definiu Arsuaga. Coma sempre, foron aplaudidos e aclamados polos escaironeses, xa seguidores de Jeff. Gustaron moito, polo que seguro que seguirán formando parte da programación de actividades da nosa sociedade cultural e recreativa de Escairón unha vez por ano durante as súas xiras galegas”, comentaba o Presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil.

Numeroso público que asisitiu ao concerto. Foto: Círculo Saviñao.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...