HomesociedadeObradoiros, contos, maxia e 'Malenne' para pechar o Mercado de Nadal en...

Obradoiros, contos, maxia e ‘Malenne’ para pechar o Mercado de Nadal en Monforte

O 'Mercado de Nadal' terá unha segunda entrega os días 29 e 30 de decembro. O espazo expositivo da Praza de Abastos contará con 13 postos, haberá actividades paralelas moi interesantes os dous días e o sábado 30 ás 20:00 h. o broche poñerao o grupo monfortino Malenne cun concerto na Rúa Cardenal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte volverá abrir as portas do ‘Mercado de Nadal’ mañá venres 29 de decembro na Praza de Abastos. Terá continuidade o sábado 30 e o horario de apertura para gozar dos postos e das actividades que alí se realicen será de 11:00 a 14:00 h. polas mañás e de 17:00 a 20:30 h. polas tardes.

O Alcalde, José Tomé Roca, lembra que esta iniciativa nace co obxectivo de “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionamos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

José Tomé visitando o 1º Mercado de Nadal de 2023 (22 e 23 de decembro). Foto: Prensa Concello de Monforte.

Nesta segunda xeira do mercado, o visitante poderá atopar nos 13 postos presentes diferentes alternativas para mercar ese agasallo pendente ou eses produtos de calidade para preparar os encontros gastronómicos das festas de Nadal que aínda temos por diante. Así, haberá expositores de alimentación, con opcións de gastronomía gourmet, produtos de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, xoguetes, etc.

ACTIVIDADES PARALELAS: OBRADOIROS, CONTOS E MAXIA

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará cun variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O venres 29 ás 12 da mañá, celebrarase o Obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados a cargo da artesá Beatriz Pérez. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

Pola tarde, ás 18:30 horas, terá lugar o ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos con historias que beben da nosa herdanza cultural e coas que sementar as leiriñas das familias para que as crianzas medren vizosas. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

O sábado 30, ás 12 h., terá lugar o Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

E ás 18:30 h. celebrarase o Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de “Got Talent España” na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.

En Why Not? 2.0? Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.

Samuel Moreno (mago). Foto cedida.

CONCERTO NO CARDENAL

Como punto final ao Mercado de Nadal o sábado 30 de decembro terá lugar a actuación do grupo monfortino Malenne no escenario ubicado na rúa Cardenal. Un concerto, que como xa fixo o de Doc Magoo’s o pasado 23 de decembro, animará ás rúas comerciais e os negocios de hostalería a partir das 20:00 horas.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...