Homesociedade"Un día histórico para Monforte", di Tomé coa licitación da obra para...

“Un día histórico para Monforte”, di Tomé coa licitación da obra para a comisaría da Policía Nacional

O anuncio de licitación desta obra publicouse no BOE o 28 de decembro .“Este é un paso definitivo para que a antiga casa de Socorro, o centro de Sanidade, como se coñecía, albergue as novas instalacións desta comisaría. Un obxectivo que se cumple polo traballo intenso de xestión", asegura o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Tomé Roca, anuncia a licitación da obra para a futura comisaría da Policía Nacional en Monforte, salientado que “hoxe é un día histórico para a cidade e para os monfortinos e monfortinas, porque se inicia o proceso de licitación das obras que farán que a cidade conte por primeira vez con un edificio propio para a Comisaría da Policía Nacional, que albergará a todos os seus efectivos, e que mellorará sen dúbida a atención que prestan ós nosos cidadáns”.

En maio de 2022, o concello concedía a licenza de obra para iniciar os traballos de construción da nova comisaría. Xa en decembro de 2020, o alcalde  dera a coñecer a conclusión dos trámites entre o Concello de Monforte, o Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía, que supoñían a cesión gratuíta do inmoble municipal, coñecido como a antiga Casa de Socorro, ubicada nos números 73-77 da Avenida de Galicia, para que albergase a nova sede da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Monforte.

O orzamento de contrata da obra ascende a 3.880.587,59 euros e o prazo, por procedemento aberto simplificado, para a presentación de ofertas será ata as 9:00 h do 19 de xaneiro de 2024. A duración do contrato será de 13 meses.

Os criterios de adxudicación son:

  • Prezo máis baixo: 70%
  • Memoria descritiva: 20%
  • Aumento do prazo de garantía: 10%

O inmoble está ubicado nos números 73-77 da Avenida de Galicia. Conta cunha superficie de terreo duns 2.282 metros cadrados, sobre os que se ubica unha superficie construída de 1.882 m2. O edificio está composto por un semisótano, unha planta baixa, unha planta alta e unha planta baixo cuberta. Para a obra plantéxase seguinte distribución:

  • Planta Sótano: Situaranse nesta planta dúas zonas claramente diferenciadas: un Área de detención, situada no espazo existente de sótano ó redor do patio interior nº 2 e unha Galería de tiro, proxectada nunha nova zona dentro da parcela e cuxa cuberta se aproveitará como zona de aparcamento exterior.
  • Planta Baixa: Nesta planta situaranse as Oficinas de atención ó público: Expedición de DNI-pasaporte, oficina de denuncias e atención ó cidadán; e o Grupo de seguridade cidadá.
  • Planta Primeira: Recolleranse nesta planta as zonas máis privadas da comisaría: Xefatura de comisaría; Grupo operativo local; Grupo local de información (SITEL); Grupo local de policía científica; e vestiarios así como aseos masculinos e femininos.
  • Planta Baixo Cuberta: Esta zona recolle os usos máis privados da nova comisaría: vivenda; e salas técnicas.

A reforma contempla ademais a implantación no patio interior nº 2 dunha nova escaleira, que comunicará as plantas sótano, baixa e primeira, resolvendo a evacuación en caso de incendios; e un ascensor, que comunicará todas as plantas do edificio, permitindo resolver a accesibilidade do mesmo.

ÚLTIMAS

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...