HomesociedadeSae a licitación por 2.043.844€ a mellora da accesibilidade na estación de...

Sae a licitación por 2.043.844€ a mellora da accesibilidade na estación de tren de Monforte

O anuncio de licitación publicouse o 28 de decembro no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Transportes a través do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O orzamento de contrata da obra ascende a 2.043.844,15€ e o prazo, por procedemento aberto, para a presentación de ofertas será ata as 10:00 h do 17 de xaneiro de 2024. A duración do prazo de execución, unha vez adxudicada, será de 14 meses.

Os criterios de adxudicación son:

  • Criterios económicos: 49%
  • Criterios cualitativos xuízos de valor: 49%
  • Criterios cualitativos fórmulas: 2%

Entre as actuacións proxectadas destaca a redistribución de locais no edificio de viaxeiros, reparación de materiais no vestíbulo, rehabilitación das marquesiñas en plataformas, modificación de pendente na plataforma, restauración de cerramentos da Estación, renovación de iluminación exterior e interior e a organización e mellora da Praza.

Estas actuacións irán encamiñadas ao obxectivo global de mellora da accesibilidade desta Estación de Tren de Monforte de Lemos. Para execución dos traballos, dividirase a obra unha fase de traballos previos e acopio de materiais, e 3 fases de obra propiamente ditas.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...