HomesociedadeCoa Cabalgata de Reis e co apagado o día 7 do alumeado...

Coa Cabalgata de Reis e co apagado o día 7 do alumeado navideño, péchase o Nadal en Monforte

Na recepción oficial do alcalde aos Reis Magos no andén da Estación de tren contouse coa actuación do Grupo de Gaitas do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 18:30 comezaba a Cabalgata de Reis formada por catro carrozas, unha coa Estrela de Nadal e 3 para os Reis Magos e seus paxes, alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Participaron tamén o Grupo de Gaitas do concello, así coma outros grupos musicais e decorativos, con formas de animais.

A Comitiva Real partiu dende a Praza da Estación, e percorreu as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello.

Na praza do Campo de San Antonio foron recibidos novamente polo Alcalde e membros da Corporación municipal. De seguido, dende o balcón da Casa Consistorial, deron lectura ó discurso real e repartiron caramelos entre os asistentes congregados na praza. Finalmente, nas escaleiras do vestíbulo do Concello, os Reis Magos recibiron ós nenos e nenas que quixeron coñecelos e levar un recordo da súa visita.

“Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, este domingo, 7 de xaneiro, do alumeado navideño do Concello, daremos por finalizado o completo programa de actividades de Nadal que dende o Equipo de Goberno desenvolvemos este ano en Monforte, e que resultou todo un éxito de participación”, destacou o alcalde.

ÚLTIMAS

Un amplo programa animará o Entroido no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón empezou este 5 de febreiro a celebración do...

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...