HomesociedadeO paro diminúe na zona centro sur da provincia para comezar o...

O paro diminúe na zona centro sur da provincia para comezar o 2024

Segundo datos de CCOO o paro descendeu para rematar o 2023 nas comarcas de Chantada, Lemos e Sarria, mentres que sube en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora moi positivamente o descenso do paro nas comarcas Lugo Centro Sur en 57 persoas ao finalizar o ano 2023 quedando en 2920 parados. O sindicato considera que os bos datos son froito da reforma laboral pactada entre CC.OO e o Goberno do Estado.

Paro decembro comarca de Lemos, 1312 parados (-18)

  • Bóveda —42 (-5)
  • Monforte de Lemos — 916 (-14)
  • Pantón — 98 (+5)
  • A Pobra do Brollón — 69 (+4)
  • O Saviñao —127 (-6)
  • Sober —60 (-2)

Comarca de Quiroga, 238 parados (+13)

  • Folgoso do Courel —44 (+2)
  • Quiroga —150 (+4)
  • Ribas de Sil—44 (+7)

Comarca de Chantada, 522 parados (-20)

  • Carballedo —59 (-8)
  • Chantada — 369 (-13)
  • Taboada —94 (+1)

Comarca de Sarria, 848 parados (-19)

  • O Incio —39 (-4)
  • Paradela —22 (-2)
  • O Páramo —27 (-8)
  • Lancara —87 (-3)
  • Samos —28 (-2)
  • Sarria — 624 (+2)
  • Triacastela. —21 (-2)

CC.OO destaca o dinamismo dos concellos da comarca de Sarria, ao diminuír en todos os concellos excepto en Sarria. Ve tamén un descenso importante en Lemos e Chantada, mentres que a comarca de Quiroga tivo os peores datos ao aumentar en 13 persoas.

CCOO considera que o sector industrial está estancado na comarca de Quiroga así como en Lemos, destacando o sector agrario en Chantada e en Sarria. O sindicato destaca os contratos que pasaron de media xornada a indefinidos e xornada completa no sector servizos. Se ben lamenta o abuso dalgúns empresarios que despediron a decenas de traballadores en período de proba no sector hostaleiro (fraude de lei). Denunciaron estes abusos, ante a inspección de traballo de Lugo que lles deu a razón en máis do 95% dos casos. O sindicato é a primeira forza sindical no sur de Lugo tendo representación en máis de 50 empresas dos 19 concellos da Zona Sur e Centro.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...