HomesociedadeA Torre da Homenaxe en azul este día 13 polo bicentenario da...

A Torre da Homenaxe en azul este día 13 polo bicentenario da Policía Nacional

“Atendendo a unha petición provinte da Xefatura Superior da Policía Nacional de Galicia, a través da Comisaría de Monforte, contribuímos a conmemorar esta importante efeméride, iluminando na noite deste sábado, 13 de xaneiro, a Torre da Homenaxe de San Vicente na cor azul corporativa propia da Policía Nacional”, explica o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte súmase este sábado, 13 de xaneiro, ós actos de conmemoración do bicentenario da Policía Nacional. José Tomé felicita á Policía Nacional polos seus 200 anos de historia, e en concreto, ós seus efectivos da Comisaría de Monforte de Lemos, “pola importante labor que día a día desempeñan en defensa da cidade e dos monfortinos e monfortinas”.

O rexedor lembra o anuncio da licitación da obra para a futura comisaría da Policía Nacional en Monforte, “obra que con esta licitación xa está en marcha e que fará que a cidade conte por primeira vez con un edificio propio para a Comisaría da Policía Nacional, que albergará a todos os seus efectivos, e que mellorará sen dúbida a atención que prestan ós nosos cidadáns”, cun investimento de máis de 3,8M€.

Dous séculos de historia

A Policía Nacional cumpre 200 anos ó servizo dos cidadáns. Foi a Real Cédula do 13 de xaneiro de 1824 a que creou a Policía General del Reino, o antecedente histórico desta institución policial, primeiro corpo policial con dimensión nacional coa función de «garantir o ben e a seguridade pública».

Este fito histórico marcou a orixe do que hoxe coñecemos como a Policía Nacional de España, polo que esta data posúe sen dúbida unha gran relevancia para o devir do país.

A Policía Nacional, que é o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España, soubo evolucionar e adaptarse ós desafíos de cada época, forxando nese longo percorrido uns principios e valores moi sólidos, nados do esforzo, sacrificio e mesmo heroísmo dos seus integrantes.

Nos seus dous séculos de historia, a Policía Nacional buscou dar resposta inmediata e eficaz ás demandas de todos os cidadáns, razón pola cal, é hoxe una das institucións máis queridas e valoradas pola sociedade.

Actualmente este Corpo de seguridade do Estado está formado por máis de 70.000 homes e mulleres. A súa natureza é de carácter urbano, contando con competencias en todo o territorio nacional.

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...