HomesociedadeMonforte sinalizará lumínicamente os pasos de peóns

Monforte sinalizará lumínicamente os pasos de peóns

Ademais da mellora da iluminación coa colocación de novas farolas especificas para os pasos de peóns referidos, tamén serán colocados 1.800 catadióptricos en 340 pasos de peóns, que son todos os pasos de cebra de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte combinará iluminación con farolas e catadióptricos nos pasos de peóns do casco urbano de Monforte de Lemos, facéndoos máis visibles e mellor sinalizados. O alcalde asegura que “a seguridade vial é un aspecto fundamental para o meu Equipo de Goberno polo que se fará a iluminación pública global do concello, un apartado que ten que ver coa seguridade, precisamente co tráfico”. A este respecto desde o Concello procédese ó pintando de todas as sinais viarias das rúas, en anos alternos, e os pasos de cebra, todos os anos. Con estes obxectivos desde o concello comezan os traballos de mellora da iluminación dos pasos de peóns que non teñen regulación por semáforos. Algunhas farolas xa están colocadas e acenderanse próximamente.

Colocaranse 42 farolas novas en 32 pasos de peóns, nos que a Policía Local determinou que son os máis transitados da cidade, e que se relacionan a continuación:

  • Rúa Morín-Residencia:  1
  • Rúa Coruña-Dr Casares: 1
  • Rúa Dr Casares-Club Fluvial: 2
  • Rúa Calvo Sotelo–Estación: 2
  • Rúa San Pedro-Instituto: 2
  • Circunvalación- Multiusos: 1
  • Rúa Corredoira-Circunvalación: 2
  • Hospital: 1
  • Rúa Chantada-Hórreo Fesport: 2
  • Rúa Chantada-Hórreo Gasolineira: 1
  • Rúa Chantada-Gadis: 1
  • Malecón-C. Social-Residencia: 1
  • Ponte Nova-Breogán: 1
  • Rúa Ourense-Asmédica: 2
  • Pinguela Instituto: 1
  • Rúa Conde-Correo:- 1
  • Compañía-Cristal: 1
  • Compañía-Carritos: 1
  • Compañía-JM: 1
  • Paseo Lugo-Parque: 1
  • Rúa Benito Vicetto-Supermercado Día: 1
  • Rúa Benito Vicetto Vivendas: 1
  • Entrada Aparcamento Parque Condes: 1
  • Rúa Ourense-Vivendas Sociais: 2
  • Rúa Roberto Baamonde-fronte Librería Contos: 1
  • Rúa Reboredo-Carnicería Víctor Manuel: 2
  • Rúa Dr. Casares-Daviña Rei: 1
  • Rúa Carude-Agora: 1
  • Rúa Ourense-Cervexería: 1
  • Rúa Hortas-Ponte Vella: 1
  • Rúa Roberto Baamonde-Inés de Castro: 2
  • Rúa Chantada-Lidl: 2

Ademais da mellora da iluminación coa colocación de novas farolas especificas para os pasos de peóns referidos, tamén serán colocados 1.800 catadióptricos en 340 pasos de peóns, que son todos os pasos de cebra de Monforte.

“En concreto, serán colocados 3 catadióptricos en cada sentido da marcha en todos os pasos de peóns da cidade, de forma que nos pasos de cebra das rúas de sentido único colocaranse 3 dispositivos reflectantes no sentido da marcha e nas rúas de dobre dirección serán colocados 6 catadióptricos, 3 en cada sentido da marcha. Será unha medida novidosa e efectiva para aumentar a seguridade dos peóns”, salienta o Alcalde.

O investimento dos materiais ascende a 85.000€ ó que haberá que engadir o custe da man de obra.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...