HomesociedadeO municipio de Ribas de Sil contará con máis de 1.300 conexións...

O municipio de Ribas de Sil contará con máis de 1.300 conexións de internet de alta velocidade

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este martes o concello de Ribas de Sil para manter un encontro institucional co alcalde e algúns dos concelleiros do equipo de goberno para falar do papel do Estado no municipio con diversos plans e programas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez abordou co alcalde, Miguel Ángel Sotuela, a posta en marcha de internet de alta velocidade do programa Único – Banda Ancha que permitirá que máis de 1.320 empresas e fogares teñan conexións de 300 Mbps, escalables a 1 Gbps.

Mencionaron tamén a posta en marcha de accións encamiñadas á mellora e eficiencia enerxética do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico a través do IDAE para a renovación de instalacións do alumeado exterior de varias parroquias e aldeas do municipio.

“Con estes programas, o Estado quere garantir que os concellos que forman parte do Reto Demográfico conten coas mesmas oportunidades que os concellos máis grandes e poidan frear e loitar contra o despoboamento do rural, facéndoo máis atractivo e vivo”, sinalou Rodríguez.

Así, a subdelegada tamén lle tendeu a man ao alcalde para informarlle de que a subdelegación estará aí cando o precise “para camiñar xuntos e seguir mellorando o seu concello con melloras importantes para o municipio”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...