HomesociedadeO 22 de xaneiro Manuel Campo Vidal fálalles ás adegas da D.O....

O 22 de xaneiro Manuel Campo Vidal fálalles ás adegas da D.O. Ribeira Sacra de conectividade de alta velocidade

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle o luns, 22 de xaneiro, a partir das 17:00h. unha xornada informativa para dar a coñecer os servizos de Hispasat en canto a dotar de alta velocidade ao rural. O encontro celébrase co título “Unha oportunidade de conectividade de alta velocidade no rural”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Trátase dun servizo sen custe de instalación a un prezo moi competitivo que pode axudar a moitas adegas a dar o salto á dixitalización. Unha solución de colectividade, por iso organizamos esta xornada”, asegura o Presidente da D.O.Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, que será o encargado de presentar ao conferenciante da xornada, Manuel Campo Vidal, que como director da Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico, ofrecerá a conferencia, “As oportunidades da dixitalización de empresas no mundo rural”.

Iago Campo, Director de Celver Telecomunicacións ofrecerá  posteriormente unha charla de carácter práctico para coñecer  “A solución inmediata que aporta o satélite Hispasat”, proxectarase un vídeo sobre a aplicación e garantías de funcionamento. Dará conta de experiencias reais como a do concello de Toén en Ourense e adegas do Ribeiro. A xornada rematará con sesión de diálogo aberto.

“Acompañaranos nesta xornada o xornalista, Manuel Campo Vidal, persoa moi implicada no que se vén en chamar a España baleirada e implicada en atopar solucións para reverter este fenómeno”, convida Antonio Lombardía á participación das adegas.

Manuel Campo Vidal é Licenciado en Xornalismo e Doutor en Economía Aplicada. Na actualidade é Director Xeral e Conselleiro Delegado da Produtora Lua Multimedia, Presidente da Escola de Negocios Next International Business School, onde dirixe o Master en Comunicación Avanzada e Marketing Dixital, Director do Instituto de Comunicación Empresarial e Director da Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico.

ÚLTIMAS

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...

Daveiga dá a coñecer o seu ‘modelo de economía social’ ás novas xeracións con visitas escolares

Dende a sociedade explican que se puxo en marcha no curso 2019-2020 como un proxecto piloto....

O Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

Os dous novos vehículos teñen un orzamento de 88.400€, dos que o Concello de...

60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado...