HomesociedadeFesta de Entroido en Bóveda o 10 de febreiro

Festa de Entroido en Bóveda o 10 de febreiro

A festa dará comezo ás 14:00 horas na Praza da Filgueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Bóveda organiza unha Festa de Entroido para o sábado, 10 de febreiro. Na praza da Filgueira contarase con carpa calefactada, música e hinchables para os nenos e nenas. O prezo do do menú infantil é de 5 euros, e de 10 o de adultos, que terán de xantar cocido. Os menores de 6 anos poden asistir de balde.

Desde o concello anímase á participación da veciñanza e que o fagan disfrazados para vestir máis esta festa de entroido que en caso de mal tempo se trasladaría ao pavillón municipal.

As entradas para participar da festa pódense adquirir nos seguintes establecementos:

  • Bóveda: Día, Claudio, Ferretería, Carnincería Salgueiriña e Piensos Rivera.
  • Rubián: Pili, Estanco, Restaurante Paco e Farmacia.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...