O obxectivo deste concurso é aumentar a participación dos veciños e veciñas de Monforte nos diferentes actos da XX Feira Medieval que terá lugar os días 30 e 31 de marzo de 2024. Este ano 2024 a Feira Medieval chega á súa vixésima edición, despois da cal xa se pode solicitar a declaración de Feira de Interese Turístico Galego.
Para participar do concurso deben chamar ás emisoras Onda Cero Monforte, Radio Principal Monforte Cadena Ser e Radio Monforte, durante o espazo destinado á súa programación local de luns a venres e contestar a unha pregunta referida a Monforte formulada pola locutora ou o locutor.
O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos últimos tres anos. Cada radio repartirá un máximo de 20 premios nominais ás 20 persoas que acerten a pregunta.
As radios colaboradoras emitirán unha lista o 9 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto. Estas persoas deberán pasar polo Concello, entre o 13 e o 20 de febreiro, para realizar unha solicitude formal no Rexistro municipal, para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 50 euros por persoa.
Os beneficiarios da axuda, terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 30 e 31 de marzo presentándose co seu traxe na Oficina de información da Feira Medieval sita na praza de España. Tras a celebración da Feira deberán presentar ó seu nome no rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda polo importe concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto.
As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no Concurso de axudas para traxes medievais son:
- TEXIDOS PHILDAR: Rúa Doutor Casares, 12.
- RETALES MERCE: Rúa Doutor Teijeiro, 38.
- COSER COSIENDO: Rúa Calvo Sotelo, 7.
- NITA VEIGA: Rúa do Cardeal, 6 (só adquisición de teas).
- TERESA LAMELA COSTURA: Rúa Doutor Casares, 66.
- GNOMOS: Rúa Hermida Balado, 10.