HomesociedadeFAC-USO recorre outra vez o tribunal de auxiliar de clínica de Sarria

FAC-USO recorre outra vez o tribunal de auxiliar de clínica de Sarria

Tampouco se cumpre un dos principios reitores dos procesos selectivos, o principio de especialidade, é dicir, a pertenza maioritaria dos membros do órgano de selección presentes na sesión ao mesmo corpo ou escala obxecto da convocatoria, tal e como sinala o sindicato..

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) volveu a recorrer o proceso de selección para a cobertura, en réxime de persoal laboral interino, dunha praza de auxiliar de clínica, por excedencia da titular e creación de bolsa de emprego.

Hai un mes, presentaran un primeiro recurso de reposición, porque case todas as vogais designadas, pola súa categoría profesional (auxiliar xerocultor, camareira-limpadora ou recepcionista), non ocupaban un posto de igual ou superior categoría á praza convocada.

Agora presentan un segundo recurso porque catro das seis vogais designadas son auxiliares xerocultoras, “polo que tampouco ocupan un posto de igual ou superior categoría á praza convocada”, sinalan.

Con todo, Fac Uso solicita a estimación do recurso, retrotraendo as actuacións ao nomeamento doutro tribunal, e, a continuación, efectuar outra convocatoria, mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia. Instan tamén á suspensión automática do procedemento, sempre que non se resolva expresamente este segundo recurso de reposición.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...