HomesociedadeAnimado Xoves de Compadres en Monforte

Animado Xoves de Compadres en Monforte

Esta tradicional celebración dálle a benvida ao Entroido na cidade do Cabe. Damos a coñecer as creacións premiadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comezou febreiro e fíxoo coa celebración do xoves de Compadres, un día que en Monforte se vive de xeito especial coa implicación de familias, asociacións, centros escolares, etc que poñen a traballar cada ano a creatividade para elaborar bonecos e bonecas que adoitan parodiar temas do día a día ou de actualidade.

Unha das representacións deste ano que chamou bastante a atención foi a de ALBORES. Nela aparecía toda a corporación monfortina reivindicando un Carril Bici para Monforte. “Como cada entroido dende hai máis de 10 anos, as comadres e os compadres da corporación son elaborados pola Asociación Albores Saúde Mental. Aínda que non participamos no concurso, precisamente por representar á corporación, os nosos bonecos son case os únicos que se queiman, contribuido a manter unha tradición moi antiga e propia do noso pobo”, sinalan desde a Albores.

Tras a reunión de todas e todos os participantes na Praza España, a concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, foi a encargada de comunicar os premios e proceder ao comezo da queima dos Compadres que así o desexaron.

A queima dos Compadres / XdL
RELACIÓN DE PREMIOS

Etnografía – O GALEGUIÑO DO SOUTO, Matilda Somoza González, Guntín. 125

Crítica social– XOGOS DE TRONOS, AFAMON, 125 €.      

BARRIOS COLECTIVO

Accésit –  GANDARIÑOS, CEIP Plur. A Gándara, 50 €

Accésit –   VUELA VUELA, Asociación Agora (centro de día), Capela de Carude 50 €

Accésit –   O DIÑEIRO COMPRA A ÉTICA DO DEPORTE, Asociación Agora, 50 €

2º –   ATRÁPAME SE PODES, Asocia. Veciños Barrio de Cobas, 95 €

2º-    CENTRO DE MEDICINA ANTIESSSTETIKA, Asociación Prodeme, 95 €

1º –   INAUGURAMOS  ÁREA RECREATIVA, San Julian de Tor , 120 €

BARRIOS INDIVIDUAL (Ata e compadres)

Accésit –   INMOBILIARIA BOTAS, CINSA PARADISE, Estela Villalda Martínez 25 €

Accésit –   ESTE ANO DEIXÁRONNOS, Centro Viño Ribeira Sacra , UTE Novas Santiago,  25 €

Accésit –   O VIXILANTE DO CARDENAL, Marta González Pérez,  25 €

2º –   CEN ANOS DO CLUB ARENAS, Asoc. Vec. Barrio Carude, 50 €

1º –   BUSCANDO AS EXTREMAS, Centro peregrino UTE Novas Santiago, 75 €

Compadres Monforte queima 2024 / Concello de Monforte

PRAZA DE ESPAÑA INDIVIDUAL

Accésit –  DE MONFORTE A OURENSE NO AUTOBÚS DA RENFE, Abril Blanco Rajo, 25 €.

2º –  SALTA CON SU MÚSICA, Antón López González, 50 €

1º –  PARA ESTAS FECHAS OREJAS RECIÉN HECHAS, Adelina Deus González, 75 €

1º –  O TRASNO DA RIBEIRA SACRA, Anxo Rodríguez Losada, 75 €

CENTROS DE ENSINO COLECTIVO (Máis de 3 compadres)

–  MINECRAFT, Colexio Ferroviario, 120 €.

Creación do Colexio Ferroviario / XdL

CENTROS DE ENSINO INDIVIDUAL

Accésit- IRMANDIÑO DA GÁNDARA, CEIP Plur. A Gándara, 25 €

Creación do Colexio A Gándara / XdL

Accésit- KEN INFLUENCER, CEIP Plur. Monforte, 25 €

Monicreque do Colexio Novo / XdL

–   BLUEY, Colexio Fundación Torre de Lemos, 50 €

Compadre do Colexio Torre de Lemos / XdL

–   MONICREQUE, ANPA Colexio Escolapios, 75 €

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...