HomesociedadeO Garden de Monforte presenta candidatura á ‘mellor hamburguesa de España’

O Garden de Monforte presenta candidatura á ‘mellor hamburguesa de España’

Este restaurante participa nun campionato nacional que organiza Best Burger Spain, guía referencia para buscar as mellores hamburguesas do país. A súa creación leva por nome ‘La Cachenita’ e está elaborada a partir de carne de vaca cachena de Eurolemos, carnicería especializada na venda de carne de razas autóctonas.

Publicado o

- Advertisement -

O restaurante Garden de Monforte de Lemos participa no IV Campionato de España de Hamburguesas, un evento que promove Best Burger Spain, unha guía de referencia para este tipo de elaboración cárnica a nivel nacional, e no que os participantes presentan as súas mellores elaboracións para ser votadas polo público na web do concurso entre o 1 de febreiro e o 3 de marzo.

A hamburguesa que presenta foi bautizada como “La Cachenita”, destacando por levar carne de vaca cachena á brasa e unha selección de ingredientes locais que prometen unha experiencia gastronómica única. “Este prato é unha homenaxe á tradición e calidade da zona, reflectindo o compromiso do restaurante coa sustentabilidade e o amor polo local”, comentan dende a xerencia.

Situado en Monforte de Lemos, Garden Monforte é coñecido pola súa cociña moderna e o seu enfoque en ingredientes de calidade, colaborando con provedores locais da Ribeira Sacra. Tanto é así que a materia prima principal, a carne de Cachena, adquírena dun provedor local, Eurolemos, unha carnicería de Monforte especializada na venda de produtos de razas autóctonas como é caso desta marabillosa carne de vaca cachena.

A HAMBURGUESA QUE BUSCA SER A MELLOR DE ESPAÑA

No que respecta aos ingredientes, a hamburguesa do restaurante Garden leva: 200 gr de carne de vaca cachena feita á brasa, salsa de queixo cheddar madurado, salsa especial Gemma & Naza, touciño entrefebrado á brasa, cebola crujiente e pan brioche.

“La Cachenita” é unha hamburguesa que captura a esencia da gastronomía local, tentando converterse nunha verdadeira homenaxe á tradición e calidade da zona, no corazón da Ribeira Sacra. Esta creación céntrase na carne de vaca cachena, unha raza bovina autóctona de Galicia e o norte de Portugal, famosa pola súa carne zumarenta e de sabor intenso. Caracterízase pola súa textura tenra e un sabor profundo e intenso, resultado dunha alimentación natural e un coidado respectuoso do gando.

En palabras da xerencia, “a nosa presenza no concurso non é só para competir, senón para compartir o orgullo dunha comunidade que valora e celebra as súas raíces culinarias. É un símbolo do amor polo local, pola calidade e polos sabores que triunfaron na historia de Garden nos xa máis de 5 anos de camiño andado”.

CARNICERÍA EUROLEMOS

Este negocio leva funcionando nas Terras de Lemos dende hai uns 25 anos. Arredor do ano 2000 apostou decididamente polas razas autóctonas galegas, empezando a traballar a Galiña de Mos, Porco Celta… e dende o 2014 a Ovella Galega e a Tenreira Cachena, raza esta última que lle está a dar moitas satisfaccións.

Raza Cachena. Foto: Eurolemos.

Coñecedores da participación do restaurante Garden neste concurso á mellor hamburguesa de España, amosan a súa satisfacción por contribuír coa súa carne ao éxito de “La Cachenita”.

No 2019 este xornal fíxolle unha entrevista a Ramón Vázquez, de Eurolemos.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...