HomesociedadeO Concello de Quiroga promociónase na aplicación Aldealista

O Concello de Quiroga promociónase na aplicación Aldealista

O Concello de Quiroga xa forma parte da aplicación Aldealista. Esta aplicación ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.000 habitantes, axudando a coñecer estes lugares e loitar contra o despoboamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aplicación utiliza un algoritmo que lle recomenda aos usuarios os lugares máis acordes cos seus gustos persoais, coa intención de que atopen lugares dos que se poidan namorar. Dende o departamento de turismo trabállase xa para que todos os núcleos do municipio aparezan. Para este tipo de difusión contouse coa colaboración económica da Deputación Provincial.

Con esta aplicación os visitantes poden acceder a moitas informacións sobre as aldeas de cada municipio, como as casas dispoñibles para vender ou alugar, os atractivos paisaxísticos e culturais, os servizos turísticos, as festas, a gastronomía… por iso está aberto a todas as persoas que queiran publicitar o seu negocio de xeito gratuíto.

O concelleiro de Turismo e Reto Demográfico, Vicente Parra, confirmou que se está traballando para realizar unha xuntanza coa asociación de empresarios e comerciantes para explicar o proceso para formar parte desta aplicación e resolver as dúbidas que poidan existir.

O Concello de Quiroga xa conta coa baldosa que contén o código QR que leva á aplicación Aldealista na que está incluído o municipio. O creador da aplicación, o economista e empresario, Juan Carlos Pérez Rodríguez, achegouse ata Quiroga no mes de novembro para facerlle entrega deste QR ao alcalde, José Luis Rivera e agora xa loce na fachada da oficina de turismo onde se pode capturar o QR que leva directamente á aplicación.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...