HomesociedadeMáis de 60 persoas participaron no Xeoparque Montañas do Courel da XV...

Máis de 60 persoas participaron no Xeoparque Montañas do Courel da XV Olimpíada de Xeoloxía

A Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias de la Tierra (AEPECT) confía por segundo ano consecutivo no Xeoparque Montañas do Courel para ser unha das 4 sedes da fase galega da XV Olimpiada de Xeoloxía, xunto con Santiago, Vigo e Cabo Ortegal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 7 de febreiro, un total de 55 alumnos acompañados de
profesores de 7 centros
(IES Fontem Albei da Fonsagrada, IES Xoan Montes de Lugo,
IES Rio Cabe de Monforte, IES Xermán Ancoechea de Trives, IES Taboada Chivite de
Verín, IES Lago de Antela de Xinzo e IES Otero Pedrayo de Ourense) participaron nas
probas que se desenvolveron nas Montañas do Courel e que consistiron nunha
proba teórica tipo test con 40 preguntas, e unha proba práctica por equipos a
través dunha xincana con 12 probas que se desenvolveron polas rúas de Quiroga.

As dúas mellores puntuacións de entre os participantes asistirán á fase
final nacional da Olimpíada de Xeoloxía, que este 2024 celébrase o 13 de abril en
Zamora. Tamén se concederá un accesit ao mellor alumno de 4º da ESO e ao
mellor grupo.

Hoxe os participantes tamén tiveron a oportunidade de visitar dous centros da
rede de centros de interpretación do Xeoparque: O museo Xeolóxico en Quiroga
e o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil
, onde
tamén coñeceran a técnica do bateo do ouro

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...