HomesociedadeAberta a inscrición para os cursos de protección civil en Quiroga

Aberta a inscrición para os cursos de protección civil en Quiroga

O curso básico de Protección Civil que se imparte na modalidade presencial e conta con 25 prazas desenvolverase os días 17 e 21 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta vén de abrir o prazo para inscribirse nos cursos de formación para persoal das Agrupacións de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil (AVPC) que se celebrarán en Quiroga e Ribadeo, organizados pola Academia Galega de Seguridade Pública.

Os interesados dispoñen de dez días naturais, desde o día 7, para formalizar a solicitude a través do formulario habilitado na web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

Impartirase formación preceptiva para o exercicio das funcións de voluntario das AVPC durante 32 horas, 22 delas teóricas e outras 10 prácticas. O contido abrangue a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente...