HomesociedadeManuel Gago: "O caldo de ósos é tan reconfortante como unha nai"

Manuel Gago: “O caldo de ósos é tan reconfortante como unha nai”

O Concello de Taboada celebra este domingo a 32 edición da súa Festa do Caldo de Ósos, que tivo como pregoeiro ao xornalista e divulgador cultural, Manuel Gago. A Festa do Caldo de Ósos  é un símbolo territorial, identitario, unha mostra tanto da cultura como da natureza que define as raíces de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa do Caldo de Ósos, ademais dunha celebración gastronómica, é o elemento unificador que xera nexos entre gastronomía, o territorio e a cultura. Prato típico nas casas de Taboada no segundo día da matanza, o Caldo de Ósos é familia e tradición, exemplo “dun tempo que xa marcha, o dos avós, o da nosa infancia”, diría Gago. E nun domingo como este 11 de febreiro, que o frío acompaña, o caldo presta e así o demostraron as numerosas persoas que se achegaron a degustar o caldo que ofrecía o gremio de hostalería de Taboada.

Pregón Caldo de Ósos, Manuel Gago / XdL

Este prato e a festa que o honra “é unha pegada da identidade de Taboada, que se reflicte a través do cultivo agrícola e da cría do porco, do produto que se emprega, da receita do caldo, e ata das formas de servilo ou consumilo”, destacan desde o concello.

Da cita participou o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañando ao Alcalde de Taboada, Roi Regueira. José Tomé subliñou a capacidade de convocatoria e de dinamización da economía local do tradicional encontro, que exalta este prato típico da gastronomía galega elaborado con produtos cárnicos do porco da zona que preparan para a ocasión os hostaleiros locais.

XXXII Festa do Caldo de Ósos de Taboada / Deputación Provincial

A programación desta edición coloca o acento nunha compoñente máis cultural e patrimonial. A festa conta con obradoiros, música e numerosos postos de venda de produtos do campo, como lacón, xamón, queixos da Ulloa ou viño da Ribeira Sacra.

O que queda de xornada desenvolverase conforme ao seguinte programa:

  • 17.30h. Actuación de música tradicional Os Rechouchíos (Praza de Riazón).
  • 18.30h. Obradoiro de máscaras e cabezudos. Constrúe a túa cachucha con Viravolta Títeres. Para público familiar (Praza de Riazón).
  • 18:30h. Cata maridaxe, O porco celta con Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Conversa sobre O porco celta en Galicia, un produto con historia. Iván M. Rodríguez de ASOPORCEL e María Isabel Costas Vázquez, de Tres Fuciños (Casa da Cultura).
  • 19.30h. Exhibición de regueifa. Josinho da Teixeira e Lupe Blanco brindan o caldo de ósos (Praza de Riazón).
  • 21.00h. Degustación gratuíta de produtos do porco (Praza de Riazón).
  • 21:30h. Concertos fin de festa (Na Praza de Riazón). Tanto nos Ten e De Ninghures.

Festa Caldo de Ósos 2024 / XdL

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...