Iniciosociedade1.100 participantes para o Desfile de Martes de Entroido en Monforte

1.100 participantes para o Desfile de Martes de Entroido en Monforte

Máis de 250 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 10 de febreiro, no Concello de Chantada. Desde as 17:30h., as comparsas participantes fixeron as súas actuacións no mercado gandeiro, evitando saír ás rúas ante as previsións climatolóxicas adversas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mañá martes, 13 de febreiro, o Concello de Monforte celebra o seu día grande do Entroido 2024, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido. Finalizado o prazo para inscribirse, son 1.100 os participantes inscritos que optarán ós premios das diferentes categorías.

Para esta edición incrementouse a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€. Establécense dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 15.000€ en premios, e para os participantes de fóra do Concello, 2.300€.

O primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes será de 1.200 euros e no caso das que sexan de fóra, con máis de 25 compoñentes, ascenderá a 450 euros. Haberá premios de 200 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.

O Desfile comezará ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, dará a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluirá coa actuación da Orquestra Trebol.

O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Chantada celebrou o Desfile de Comparsas no mercado gandeiro

Máis de 250 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 10 de febreiro, no Concello de Chantada. Desde as 17:30h., as comparsas participantes fixeron as súas actuacións no mercado gandeiro, evitando saír ás rúas ante as previsións climatolóxicas adversas.

Como en anos anteriores o Entroido Ribeirao abriría as actuacións da tarde. Na Categoría Absoluta contábase coas seguintes comparsas:

  • Carrusel (Maside) 1º premio de 1.000,00€
  • Noite de Estrelas (O Carballiño) 2º premio de 700,00€
  • Circo Troula (Monforte de Lemos) 3º premio de 500,00€
  • A túa cara sóame (Monforte de Lemos) 4º pemio de 300,00€
  • Os Auténticos Artistas (Chantada)
  • Batukada Os Chaíños (Chantada)
  • Ken fora Barbie (Chantada)

Este ano o Concello de Chantada repartía 5.000,00€ en premios e entregaba 1.000,00€ en axudas á participación. Na Categoría Infantil obtiveron premio as catro comparsas participantes:

  • La Perla Negra (Antas de Ulla) 1º premio de 1.000,00€
  • Mamma Mía Vaia Tolería!!! (Chantada) 2º premio de 700,00€
  • África Tribal (Palas de Rei) 3º premio de 500,00€
  • Vaia Circo (Chantada) 4º premio de 300,00€

Ao remate do desfile celebrouse chocolatada popular coa actuación da orquestra Trébol. Este martes remata o Entroido Ribeirao en Santiago de Arriba.

Desfile comparsas Chantada 2024 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Premio ‘Eduemprende Idea 2023’ para o IES A Pinguela polo proxecto ‘StyleClo’

Un total de seis institutos e centros integrados de FP de Galicia veñen de...

A curta documental “Corre o vento”, rodada no Courel, presente no Festival de Málaga

Corre o vento, da que demos conta o pasado ano no transcurso da súa...

Máis de 2000 euros en premios nos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

Tras convocar o pasado mes de xaneiro o Concurso de axudas para a confección...

O Concello de Bóveda ofrécese a facilitar o rexistro de galiñeiros para autoconsumo

Segundo normativa vixente sobre sanidade animal todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo...