HomesociedadeMartes de Entroido con desfile no Saviñao

Martes de Entroido con desfile no Saviñao

Celebrarase polas principais rúas de Escairón a partir das 17:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración de comparsas que participan no desfile deste Entroido 2024 farase no Mercado Gandeiro ás 16:30 h. e a partir das 17:00 h. amosarán as súas creacións e disfraces polas rúas de Escairón. Segundo indican dende a organización, na rotonda da Praza España permitirase que paren a realizar bailes, interaccións ou demostracións.

O percorrido estará amenizado tamén coa formación Trío Manhatan Batucada que completará a ambientación festeira.

CATEGORÍAS E PREMIOS

Contémplanse as seguintes categorías: infantil (ata 14 anos e grupos de 6 compoñentes), xeral (a partir de 14 anos e máis de 6 compoñentes), individual (menos de 6 compoñentes) pero tamén se establecen premios especiais e por participar para as categorías infantil e xeral.

Na categoría de comparsa infantil e xeral o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 250 euros e o terceiro de 150 euros; e na categoría individual o primeiro premio será de 80 euros e o segundo de 50 euros.

No que se refire aos premios especiais haberá un premio á animación, de 50 euros, un premio á carroza, de 50 euros. Despois, contémplanse outros: á comparsa de menos de 15 membros, de 60 euros, e á comparsa de máis de 15 membros, de 100 euros.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...