Homesociedade"Cóntanos a túa soidade" grávase este martes na casa da cultura de...

“Cóntanos a túa soidade” grávase este martes na casa da cultura de Quiroga

O Concello de Quiroga convida a toda a veciñanza que queira asistir á gravación do programa, duns 60 minutos de duración, este martes a partir das seis da tarde na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura acolle este martes desde as 18:00, a realización dun programa no que se entrevistará a persoas maiores que viven soas, para o programa “Cóntanos a túa soidade” de Radio 50yPico, que se emite os mércores de 13:00 a 14:00 horas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man de FEGAUS, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior, un programa baixo o nome “Cóntanos a túa soidade”, que ten como finalidade combater a soidade non desexada entre as persoas maiores.

A soidade non desexada é un problema silencioso que afecta á vida de cada vez máis persoas maiores, polo que a través deste programa se poderá visibilizar esta problemática e dar voz a todas aquelas persoas que queiran compartir as vivencias da súa soidade.

Trátase dunha iniciativa na que se levarán a cabo entrevistas a diferentes persoas que vivan soas, durante as que poderán contar como se atopan, que dificultades teñen no seu día a día, e como se lles pode axudar etc.

      

ÚLTIMAS

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...