Iniciosociedade“Fiando na igualdade técese unha sociedade”, lema do 8M en Monforte

“Fiando na igualdade técese unha sociedade”, lema do 8M en Monforte

O concello vén de presentar a programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Ademais dos actos centrais do 8 de marzo haberá varias obras de teatro e varios obradoiros en centros de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 4 de marzo presentouse na Casa do Concello de Monforte o programa de actividades ideadas dende a Concellería de Muller e Igualdade en colaboración co CIM arredor do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Xunto ao alcalde, José Tomé, estaban a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, así como a primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada.

Segundo o rexedor monfortino, o obxectivo destas accións é “facer actividades e propostas transformadoras que contribúan a eliminar na nosa sociedade as estruturas machistas e patriarcais que desgraciadamente seguen presentes no fondo de toda estrutura social e política das nosas vidas”. En definitiva, “acadar unha sociedade onde non teñan cabida as discriminacións por razón de xénero nin as violencias machistas, e na que esperamos que chegue o día en que non sexa necesario seguir reivindicando nada disto”.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

Campaña informativa e de concienciación, “Fiando na igualdade técese unha sociedade”

Do 4 ao 15 de marzo, e baixo o lema deste ano: “Fiando na igualdade técese unha sociedade”, procederase á colocación de carteis por distintas zonas da cidade (Paseo do Malecón, Rúa Cardeal e Compañía) con mensaxes visuais e atractivas sobre o empoderamento das mulleres, a igualdade real, a corresponsabilidade e a rotura coas brechas de xénero que seguen persistindo na sociedade.

Tamén se colocará un vinilo no Bus Urbano municipal impreso co lema da campaña, contribuíndo así a visibilizar e reforzar a mensaxe que se busca trasladar á sociedade, que é concienciar a poboación sobre a necesidade de acadar unha Igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

Ademais do anterior, a Torre da Homenaxe iluminarase de cor malva e proxectarase sobre ela o lema “Monforte pola Igualdade” o propio día  8 de marzo, das 19:30 h. ás 00:00 horas.

Venres 8 de marzo, acto central do Día Internacional da Muller

O  venres 8 de marzo, ás 12:00 horas, na Praza de España, terá lugar o acto central arredor do 8M. Escolleuse esta ubicación porque se as condicións meteorolóxicas non permiten realizar o acto na praza de España, trasladarase á Casa da Cultura.

A Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López Rodríguez, procederá á Lectura do Manifesto.

A continuación desenvolverase unha Peza de Danza-Teatro que leva por título o Lema do 8M deste ano “Fiando na igualdade técese unha sociedade”, a cargo da artista Merche Pérez. A peza que se vai representar nace a partir do personaxe feminino da mitoloxía grega Cloto que é a fiandeira que fía os fíos da vida. Ó rematar esta peza, a artista lerá ante o público asistente o lema deste ano, e dará paso á participación no Acto do alumando de Educación Primaria dos Centros Educativos de Monforte para que lean as frases elaboradas e traballadas nas aulas.

Ó longo deste acto o Concello repartirá pulseiras serigrafiadas con frases en prol da Igualdade.

Dúas obras de teatro arredor do 8M

O xoves 7 de marzo ás 20:15 h  no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos. En colaboración coa Concellería de Cultura desenvolverase a representación teatral Que din as rumorosasa cargo dacompañía Artyc Content, que foi IV Premio “Luisa Villalta” a proxectos pola Igualdade 2022 da Deputación da Coruña. Trátase dunha comedia coral sobre como ser artista… e muller. A entrada será de 5€ para persoas adultas e 3€ para persoas desempregadas e xubiladas.

O teatro volvera a ser protagonista o domingo 10  de marzo ás 6 da tarde na Casa da Cultura coa representación teatral “Valente e rebelde da compañía Trémola Teatro, con entrada gratuíta e dirixida a público familiar.

Obradoiros para o alumnado de Educación Primaria

Seguindo a liña dos últimos anos, e dado o éxito destas actividades, alumnado de Educación Primaria gozará do Escape Room de IgualdadeArquivo 8M, que consistirá nun xogo virtual cuxo emprazamento é un arquivo de historia feminista, no que o alumnado participante dividido en  grupos deberán resolver unha serie de probas e acertixos, e posteriormente poñer en común os contidos acadados.

As profesionais encargadas de levar a cabo o obradoiro son Sonia Fernández Bertólez e Ester Cano González, ambas traballadoras sociais con formación en xénero e igualdade. A actuación vai dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria e ao alumnado do CEE Infanta Elena e cada sesión terá unha duración de execución de 100 minutos.

Na actividade, que terá lugar os días 6, 7, 11 e 12 de marzo, e participará o alumnado de 6º de Primaria dos Escolapios, do Ferroviario, do Torre de Lemos, do Colexio A Gándara, do Colexio Novo e alumnado do CEE Infanta Elena.

Obradoiros para o alumnado de Educación Secundaria

Respecto do alumnado de Educación Secundaria, desenvolverase co alumnado de 3º ESO un obradoiro titulado “Hackeando ao machismo” no que se lles explicarán os conceptos fundamentais da teoría feminista asentados na realidade das redes sociais tan presente nas súas vidas. Búscase adquirir conciencia crítica e aprender a ver o machismo que nos chega de xeito sutil no día a día.

As encargadas de levar a cabo a actuación serán Priscila Retamozo Ramos, formadora en igualdade e diversidade con alumando de todos os niveis educativos, profesorado, familias e entidades e coautora dos libros “Comando Igualdade: a mocidade facendo a revolución feminista nas aulas” e “La revolución feminista nas aulas”; e Cristina Louzán García axente de igualdade especializada en teoría feminista e prevención da violencia contra as mulleres. As dúas formadoras empregarán unha metodoloxía participativa e vivencial, centrándose nos coñecementos e intereses do alumnado, posibilitando a reflexión, a expresión dos seus sentimentos, opinións, experiencias e coñecementos relacionados coa materia.

A actividade desenvolverase os días 11 e 12 de marzo nos Escolapios, Ferroviario, Torre de Lemos, e nos institutos de A Pinguela, Río Cabe e Daviña Rey.

Estas actividades están financiadas con cargo aos fondos transferidos pola Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2023.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...