HomesociedadeBóveda celebra co alumnado do CEIP Rosalía de Castro, un obradoiro de...

Bóveda celebra co alumnado do CEIP Rosalía de Castro, un obradoiro de Trampas para Velutinas

O Concello de Bóveda colaborou co CEIP Rosalía de Castro e coa ANPA na realización dun obradoiro de trampas para velutinas impartido por Mieles Anta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade, que se desenvolveu no Centro Sociocultural, estivo dirixida por Paula, xerente de Mieles Anta e Mohamed, apicultor experimentado da empresa. Comezaron falando das características das abellas e da problemática coas velutinas e proxectouse un vídeo sobre o proceso de fabricación do mel e sobre a ameaza que supoñen as avespas velutinas na natureza.

Os alumnos/as coñeceron o traxe de apicultor e todos os instrumentos necesarios para o seu traballo. Amosáronlles tamén, como recollen o pole das patas das abellas e algunha velutina. Tiveron ocasión de probar mel directamente do panal. Por último, puxéronse mans á obra para realizar as súas propias trampas de velutinas e poder capturar moitas nesta tempada.

Cada alumno levou para a súa casa a trampa que elaboraron. Ademais, a empresa Mieles Anta fíxolles entrega de diferentes trampas para poñer nas árbores da zona verde do centro e intentar así estar libres de velutinas. Mieles Anta tamén obsequiou a todo o alumnado e profesorado do cole cun agasallo da súa propia produción.

“Foi unha xornada moi enriquecedora e de enorme utilidade”, explica o alcalde, José Manuel Arias, quen agradece a colaboración da empresa Mieles Anta e o interese do CEIP e da ANPA.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...