HomesociedadeAs Cavarcas, asociación do Incio, organiza unha charla sobre Vespa Velutina e...

As Cavarcas, asociación do Incio, organiza unha charla sobre Vespa Velutina e un obradoiro de cestería

A charla coloquio sobre as vespas velutinas será o 9 de marzo e o obradoiro comezará o 18 do mesmo mes. As dúas actividades realizaranse no baixo da Casa do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural as Cavarcas comezou a súa programación cultural do 2024 o pasado 20 de xaneiro cunha charla sobre as Comunidades Enerxéticas en relación coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Agora, entrados no mes de marzo, presenta outras dúas actividades de interese e utilidade para a veciñanza.

O vindeiro sábado, 9 de marzo, organizan unha charla coloquio sobre as vespas velutinas, o seu comportamento e o control que pode facer a poboación para combatelas, “xa que estamos no momento de informarnos e compartir coñecementos”, comentan dende a asociación. Correrá a cargo de Gonzalo Calvo Díaz, veterinario da Asociación Galega de Apicultura e será no baixo da Casa do Concello do Incio ás 19:30 h. A actividade realízase co patrocinio da área de medio rural da Deputación de Lugo.

Por outra banda, o Centro Galego de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo impartirá un curso de cestería de vimias en colaboración do concello que facilita os locais sociais onde se desenvolverá. Comezará o luns 18 de marzo de 17 a 20 oras e farase no baixo da Casa do Concello durante todos os luns ata completar 30 horas lectivas, de xeito que as alumnas e alumnos poidan completar o pequeno proxecto que escolla cada quen. Hai un máximo de 12 prazas e cómpre inscribirse contactando coa Secretaria da Asociación, Carme Aira, a través de teléfono ou WhatsApp no número 659061819.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...