HomesociedadeCelébrase a 1ª xornada participativa no relanzamento da candidatura Ribeira Sacra a...

Celébrase a 1ª xornada participativa no relanzamento da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A xornada celebrouse esta fin de semana na Casa Grande de Rosende en Sober. Déronse cita representantes dos sectores culturais, económicos e sociais para achegar opinións sobre a candidatura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro desta fin de semana foi a primeira actividade para retomar contacto cos axentes locais. Será seguida dunha serie de actividades nos vindeiros meses por todo o territorio. O programa abriuno, Cipriano Marín, relator do expediente da candidatura, para comentar o estado actual do proceso e os principais cambios no relanzamento, centrado na declaración da Ribeira Sacra como paisaxe cultural da auga. Na súa intervención Marín salientou que a candidatura é unha carreira de fondo e que non debe ser considerada a fin, senón un punto de partida para acadar un territorio comprometido co seu patrimonio e o desenvolvemento sostible.

A segunda intervención foi a cargo de Mario Crecente quen estivo aclarando detalles do novo expediente da candidatura, desta vez delimitado xeograficamente para abranguer o territorio BIC, e coa auga como elemento conector. Crecente tamén repasou a liña temporal do proceso da candidatura, sendo un dos fitos máis próximos a primeira entrega do expediente para outono do presente ano. 

De cara ao relanzamento da candidatura, tanto Crecente como Marín afirmaron que contar coa participación veciñal é parte fundamental. Nesta liña, a terceira intervención da xornada foi a cargo de Xosé Gago para presentar a estratexia participativa que terá lugar ao longo dos vindeiros meses. Gago informou das tres figuras de participación nas que estarán representados os sectores social, económico e cultural. 

Tras a intervención de Gago, comezaron as sesións de participación xunto cos asistentes, entre os que se contaba unha vintena de representantes de diferentes lugares e sectores da Ribeira Sacra. As sesións serviron para empezar a poñerse caras e como punto de partida para recoller opinións e observacións sobre a candidatura, así como resolver dúbidas. 

A xornada complementouse cunha parte máis lúdica con visita guiada á Casa Grande de Rosende, seguido dun concerto. As conversas mantidas durante a xornada serán sistematizadas nunha serie de actas e documentación que serán entregadas aos responsables da Candidatura.

O evento foi organizado no marco da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Ao longo dos vindeiros meses desenvolveranse novas xornadas participativas nos diferentes concellos do territorio da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...