HomesociedadeVIII Estremonía Cantada, xornada de Cantos de Taberna en Sarria

VIII Estremonía Cantada, xornada de Cantos de Taberna en Sarria

Son este sábado 16 de marzo a partir das 18:30 h. Participan 16 grupos que se actuarán por bares e restaurantes da vila en dúas rutas: ruta do tinto e ruta do branco.

Publicado o

- Advertisement -

Os cantos de taberna en Sarria teñen un nome de seu: Estremonía Cantada, actividade que este ano chega á súa VIII edición e celébrase este sábado, 16 de marzo.

A organización do evento corre a cargo da Asociación Peleriños, a Sociedade A Unión e o Concello de Sarria, contando coa colaboración dos establecementos hostaleiros participantes seguintes: Travesía dos Soños, Tapas, Casino, Montecarlo, Xarope, Central, Oceánico, D’Pont, Don Pepe, D’Orixen, Roberto, Santiago, Isla, España, As de Picas e El Faro.

DÚAS RUTAS E DEZASEIS GRUPOS

Os Cantos de Taberna estarán distribuídos en dúas rutas, unha denominada ‘Ruta Branco’ e outra bautizada como ‘Ruta Tinto’, contando coa participación de dezaseis grupos chegados de diferentes puntos de Galicia.

Na Ruta Branco actuarán: Gaiteiros de Goián, @s Pantox@s, Lady Butelo e os Cabaleiros do Espazo, Os Ministreles, Cantareiros do Naval, As Macizas Centrais, Son do Mao e Xampó.

Na Ruta Tinto estarán: Birloque gaiteiros, Os Parrandas, Cantareiros da Unión, Familia Rois, Tokaide, Son Outeiro, Mestura de Nete e AC Andrade.

FIN DE FESTA

O percorrido dos cantos de taberna comezarán ás 18:30 h. e rematarán ás 22:00 h. estando programada ás 22:30 h. unha Cea de Fin de Festa no local da entidade sarriá A Unión. Despois da cea amenizará o encontro Cé Orquestra Pantasma.

CANTOS DE TABERNA PARA A CATIVADA

O 6 de abril está programada a 2ª Edición dos “Cantos Pequenos” (de taberna). Trátase dunha ruada por Sarria e un percorrido por establecementos do Malecón a partir das 18:00 h. Os grupos aínda están por confirmar.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...