HomesociedadeO IES Río Cabe no centro da cultura financieira

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

O Plan de Educación Financieira, promovido pola Comisión Nacional del Mercado de Valores, o Banco de España e o Ministerio de Economía, levou a cabo este luns un obradoiro no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, como instituto gañador do “Concurso Nacional de Conocimientos Financieros 2023”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, que transmitiiu as felicitacións da Xunta “por ter superado co mellor resultado este reto, no que non só tiveron que amosar unha gran solvencia a nivel de coñecementos, senón a capacidade de facer fronte aos nervios”. “Sodes un exemplo para os voso compañeiros”, afirmou.

O equipo monfortino proclamouse gañador tras superar unha disputada final que consistiu nun concurso de preguntas e respostas sobre cuestións financeiras no que se enfrontaron ao Colexio Santísima Trinidad, de Plasencia (Cáceres). Ademais dunha tablet para cada integrante do equipo, o centro recibiu 3.000€ para material escolar.

Precisamente co gallo deste triunfo, a OCDE decidiu celebrar o primeiro acto da 12ª edición da Global Money Week no Instituto IES Río Cabe, con este taller sobre cultura financeira. O obxectivo deste campaña mundial é fomentar a educación financeira, unha liña de actuación que tamén desenvolve a Xunta de Galicia con formación específica para os docentes e unha materia na ESO.

De inaugurar o acto encargouse a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, que desculpou a ausencia do alcalde e felicitou ó profesorado e ó alumnado. Desexoulles que “a través deste obradoiro poidades adquirir os coñecementos, comportamentos e actitudes necesarios que vos permitan tomar decisións financeiras adecuadas ao longo da vosa vida. Trátase de que poidades ter as ferramentas e as claves necesarias para poder desenvolver hábitos financeiros saudables.”

IES Río Cabe, coñecementos fincieiros inauguración / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...