HomesociedadeArrinca o Val de Quiroga de Tapas

Arrinca o Val de Quiroga de Tapas

Este martes comeza o concurso Val de Quiroga de Tapas, que este ano como novidade inclúe a establecementos de Ribas de Sil e incrementa os prezos das tapas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso desenvolverase ata o martes 26 de marzo. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa. Unha vez totalmente cuberto votarán á que ao seu xuízo merece ser a gañadora do concurso

A tapa pasa a costar agora 2€, incrementándose en 50 céntimos con respecto a edicións anteriores. Dez son os establecementos participantes, sete de Quiroga e tres de Ribas de Sil, coas seguintes tapas:

  • Adega de María: “Primavera”
  • Matrioshka: “Solomillo ao roquefort”
  • Chapakuña 3: Delicias de polo ó padano”
  • Ferreiriño: “Os praceres da nosa terra”
  • A Botica: “Polo pan baila o can”
  • Ruxe-Ruxe: “Piruleta Popcorn”
  • O Portón: “Sabores do Portón”
  • Restaurante Praia Fluvial: “Sapito”
  • Restaurante las Vegas: “Pasapalos”
  • A Cabina: “A Cabinita”   

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 € en metálico. Pero ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios. Os premios aos que poden optar os participantes son numerosos: 200 € e 100 € en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelo, EDV 2015 e Lar de Ricobao. O sorteo dos premios e a tapa gañadora saberase a semana seguinte á Semana Santa, cando se abran as urnas e se faga o reconto de votos.

Apertura Val de Quiroga de Tapas / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...