HomesociedadeSegredos de Pantón organiza unha andaina por Sober esta Semana Santa

Segredos de Pantón organiza unha andaina por Sober esta Semana Santa

Será o 29 de marzo con saída ás 10:00 h. no campo de Pinol e un percorrido de 6 quilómetros.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Segredos de Pantón organizará unha andaina polo concello veciño de Sober, concretamente na parroquia de Pinol o vindeiro 29 de marzo.

Alén da paisaxe natural da zona, os camiñantes visitarán uns enclaves importantes da ribeira do Sil. En palabras de Lucas Vázquez, membro de entidade, “descubriremos os petróglifos da Pena do Lagarto, ubicados camiño entre as parroquias de Pinol e Santiorxo, e tamén visitaremos a Igrexa de San Vicente de Pinol, un exemplo de románico do século XII”. Ademais, engade Vázquez, “continuando camiño arriba, contemplaremos o Santuario de Cadeiras, construído no século XVIII, lugar de peregrinación polos milagres atribuídos a Virxe de Cadeiras. No mesmo lugar, desfrutaremos das vistas aos canóns do Sil, dende o mirador, alí emprazado”.

Durante o percorrido faranse paradas explicativas para contar historias, lendas e tradicións.

DETALLES CONCRETOS DA CAMIÑADA

Prazas: 30 persoas con reserva previa.
Custo: 2 euros por persoa.
Distancia: 6 quilómetros e percorrido moi sinxelo.
Lugar de saída: Campo de Pinol. Ubicación en Google maps: https://maps.app.goo.gl/oEo2xnP5jDw1TbLTA)
Saída: 10:00 horas.
Finalización da ruta: 13:00 horas aproximadamente.

Para anotarse cómpre dirixirse ao correo segredosdepanton@gmail.com ou contactar nos teléfonos seguintes: 673221241 (Manuel) ou 662669223 (Lucas).

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...