HomesociedadeEntrega de premios dos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

Entrega de premios dos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixeron entrega dos premios correspondentes ós diferentes concursos convocados arredor da XX Feira Medieval de Monforte. Para mañá, Monforte celebra festivo local co Martes de Pascua.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado destacou tanto o alto número de participantes, como a calidade nos deseños e materiais empregados nos distintos concursos. O Concurso de Traxes Medievais, contou coa inscrición en adultos, de 12 parellas e 7 persoas en modalidade individual, e en infantil, con 1 grupo, 3 parellas e 3 en individual. No Concurso de decoración de balcóns, foron 12 os participantes inscritos, mentres que no de Decoración de establecementos comerciais e hostaleiros foron 8 os anotados.

O acto de entrega de premios, que tivo lugar as 19.00 h na Praza de España, resultando premiados nas diferentes categorías:

VIII Concurso de Decoración de Balcóns

  • 1º premio.- Asociación vecinal A Pinguela, Local social… 100€
  • 2º premio.- Mª del Pilar Losada González, rúa Real… 75 €
  • 3º premio.- Mª Belén Prieto Robisco, rúa Falagueira, 11… 50€

IX Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros

  • 1º premio.- Deportes Fento, rúa Hortas, 14… 200€
  • 2º premio.- Zapatería Dos Pies, Cardenal 10… 100 €
  • 3º premio.- Carpe Diem, Hermida Balado, 5… 75€

XI Concurso de Traxes Medievais

Infantil:

Grupo infantil: 1º premio: Grupo Sandra Fernández Reboiro… 175 €

Parellas (2 compoñentes):

  • 1º premio: Mateo e Leo Díaz Uceira… 100 €
  • 2º premio: Belén Álvarez e Ainoha Padrón… 75 €

Individual:

  • 1º premio: Nahia López Marruedo… 50 €
  • 2º premio: Beatriz Rodríguez Varela… 25 €

Adulto:

Parellas (2 compoñentes):

  • 1º premio: Montserrat Varela Ons e Asier Castro Varela… 175 €
  • 2º premio: Luis Servando López Díaz e Oscarina María Conceição Gonsalves… 125 €

Individual:

  • 1º premio: Iria Conde Martínez… 75 €
  • 2º premio: Itziar Marruedo Ruiz… 50 €
  • Mención especial (sen premio): Mª del Pilar Álvarez Ramil

Martes de Pascua

O Concello de Monforte celebra este 2 de marzo o Martes de Pascua, festivo local. A celebración recupera o seu escenario habitual na igrexa de San Vicente co seguinte programa:

  • 10:15 h.- Xuntanza da comitiva institucional na Praza do Concello.
  • 10:30 h.- Saída da comitiva cara a igrexa de San Vicente.
  • 11:00 h.- Actos relixiosos do Martes de Pascua, na honra da Virxe de Montserrat, na igrexa de San Vicente.

Tras a celebración eucarística, se a climatoloxía o permite: procesión coa imaxe da Virxe ata o Campo da Virxe, renovación dos votos e ofrenda floral a cargo do Alcalde, José Tomé Roca.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...