HomesociedadeO 19 de abril Chantada celebra a súa I Festa da Xuventude

O 19 de abril Chantada celebra a súa I Festa da Xuventude

“A idea é concentrar a actividade no centro da vila para darlle ambiente. Estamos apostando por propostas novidosas con actividades culturais, deportivas, educativas, festivas,… Tentamos ter varias actividades ao mes para mover á xente, darlle riqueza ao comercio e á hostalería. É unha forma de crear turismo na vila”, sinala Belén Vázquez, Concelleira de Xuventude.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza o venres, 19 de abril, a I edición da Festa da Xuventude. Desde as 20:00h. en adiante contarase con música en directo e de balde en distintos espazos do centro da vila. Se a climatoloxía non acompaña, a actividades trasladarase ao mercado gandeiro.

Así desde as 20:00h. ás 00:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band e Unión Phenosa. Ás 00.00 contarase coa actuación da Orquestra Olympus, para a partir das 3:00 iniciar sesión de Disco Móbil con Euphoria.

Como Festa da Xuventude, a proposta está pensada para mozas/os de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades, “Queremos dinamizar o centro da vila para que non sexa unha festa exclusiva desa franxa de idade e queremos ofrecerlle á nosa xuventude alternativas de lecer nocturno porque moita mocidade non se sinte identificada coas saídas aos pubs. Espero que a todo o mundo lle guste e sexa exitosa para que xa quede marcada no calendario para próximos anos”, asegura Belén Vázquez.

A proposta ábrese á xuventude e xente da contorna e para facilitar a súa participación contarase con servizo de Noite Bus. Así o día 19 de abril sairá un autobús de Antas de Ulla ás 22:00 que pasará por Agolada, Lalín e Rodeiro. Tamén ás 22:00 sairá un autobús de Melide que pasará por Palas de Rei, Monterroso e Taboada. O regreso farase ao remate da festa. Para calquera dúbida a empresa de transporte facilita os seguintes contactos: 608 18 54 38 e 982 37 91 06.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...