HomesociedadeObradoiro de informática no CEIP de Currelos

Obradoiro de informática no CEIP de Currelos

José Pino, profesor de informática do IES A Pinguela, desprazouse ao colexio do Saviñao para realizar esta actividade o martes aproveitando que era día festivo en Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Cóntanos o profesor de informática do IES A Pinguela, José Pino, que o pasado ano foi dar un curso aos mestres do CEIP de Currelos prometéndolle ao alumnado en volver un día para facerlles a eles un obradoiro. Pois ben, ese día foi o martes 2 de abril aproveitando a festividade en Monforte.

Na acción formativa, dirixida aos 22 alumnos cos que conta este centro de ensino do Concello do Saviñao, Pino realizou un taller adaptado para as distintas idades que conviven no centro. Con infantil fixéronse demostracións e xogos cos robots que emprega este mestre monfortino nas sesións de formación para o profesorado de polos creativos. Co primeiro ciclo de primaria os rapaces e rapazas xogaron con robots direccionais, xogos nos que se lles indican os movementos que ten que realizar dito robot e el replícao sobre un taboleiro, e tamén se programaron para que seguiran instrucións sinxelas.

Xa co segundo ciclo a formación consistiu en elaborar programacións máis avanzadas, nas que usando os sensores foron quen de realizar a programación dun robot que pode seguir unha liña ou evitar colisións con obstáculos.

PARTICIPACIÓN TAMÉN DO PROFESORADO

A sesión rematou cun taller para o profesorado no que se viron conceptos de programación avanzada para os robots que a Consellería vai enviar aos centros. Lois Garrido, responsable do CEIP de Currelos, agradeceu a visita formativa de Pino e, tanto o alumnado como o profesorado, quedaron moi contentos.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...