Homesociedade"Os praceres da nosa terra" do Mesón Ferreiriño gaña o Val de...

“Os praceres da nosa terra” do Mesón Ferreiriño gaña o Val de Quiroga de Tapas

De todos os participantes na votación, 80 votaron para a tapa do Mesón Ferreiriño que se alzou co premio, unha placa conmemorativa e 100 € en metálico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores abríanse as urnas no salón de plenos da casa consistorial coa asistencia do alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila. Ademais os concelleiros Luís Manuel Arias, Antonio Marcos e, en representación do Concello de Ribas de Sil, Rosa Mª Quiñones, foron os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen debidamente selados.

O concurso desenvolveuse entre o luns 18 ata o martes 26 de marzo e foron dez os establecementos participantes. O concurso que este ano se presentaba coa novidade de que se incorporaban novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil, contou cunha alta participación. 223 foi o total de tapacartóns debidamente selados que estaban depositados nas urnas.

Todos os participantes que completaron a degustación das tapas e votaron á tapa que máis lles gustou entraron nun sorteo no que podían gañar diferentes premios. 200 € e 100 € en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelor, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

Val de Quiroga de Tapas reconto / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...