HomesociedadeUFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, inviste 500.000€ na mellora da subministración eléctrica...

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, inviste 500.000€ na mellora da subministración eléctrica en Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón

A compañía asegura que inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, "especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte de Lemos, a compañía substituíu, no lugar de Reigada, o centro de transformación existente por un novo e reforzou a rede de baixa tensión instalando máis de 2.200 metros de cable. Así mesmo, a compañía tamén substituíu o transformador existente no Morín por un novo en caseta, e construíu unha nova liña de baixa tensión para reforzar a rede de distribución.

Na Pobra do Brollón, UFD reformou a liña de media tensión aérea no lugar de Santa María de Piño e instalou un novo centro de transformación con caseta e a súa liña de baixa tensión soterrada asociada para mellorar a calidade da subministración na zona.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

Para o novo delegado de UFD na provincia de Lugo, Jorge Mato, “o investimento realizado en Monforte e A Pobra do Brollón é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético da comarca de Lemos, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia no municipio.”

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia de Lugo máis de 7.400 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 2.500 centros de transformación e dá servizo a máis de 87.000 puntos de subministración.

En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A distribuidora eléctrica investiu 222 millóns en 2023 na dixitalización e mellora das súas máis de 60.000 quilómetros de rede en Galicia, o que supón un incremento do 60% con respecto ao ano anterior. Só no últimos cinco anos, o investimento de UFD superou os 723 millóns de euros para reforzar as súas infraestruturas en Galicia, co foco posto na mellora da calidade de servizo aos seus clientes.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...