HomesociedadeÉxito de viaxeiros nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra en Semana Santa

Éxito de viaxeiros nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra en Semana Santa

Preto de 2.200 viaxeiros e viaxeiras gozaron da experiencia de navegar polos canóns do Sil no comezo da tempada 2024. Os lugares de procedencia principais foron Madrid, Asturias, País Vasco, Castela e León, Cataluña, e incluso de Santa Cruz de Tenerife.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O balance que se fai dende a Deputación de Lugo respecto das rutas fluviais pola Ribeira Sacra no inicio desta tempada 2024 é que tiveron unha excepcional acollida, alcanzado preto de 2.200 viaxeiros e viaxeiras durante a Semana Santa.

En palabras do presidente, José Tomé, esta oferta é “un dos piares da estratexia que impulsamos dende a Deputación para favorecer un turismo de calidade e sostible”, tendo ademais, refería tamén, “un claro retorno económico, de xeito directo, sobre todo para o sector turístico, a hostalería e o comercio, porque incentiva o consumo e as pernoctas; pero tamén en termos de promoción, cun impacto moi importante, porque a gran maioría das persoas que desfruta das viaxes, ou ben volven á Ribeira Sacra, ou ben se converten en embaixadores da gran riqueza patrimonial desta comarca e da provincia, o que anima a máis xente a vir”.

As cifras de viaxeiros desta pasada Semana Santa son semellantes ás rexistradas na pasada tempada, malia as condicións climatolóxicas de frío e chuvia que afectaron a Galicia. As embarcacións viaxaron practicamente completas nos días grandes, dende o Xoves Santo ao Domingo de Resurreción, en todas as travesías con familias e grupos que xa reservaran con anterioridade.

PROCEDENCIA DOS/AS VISITANTES

En canto á orixe da xente que subiu aos catamaráns, os principais lugares de procedencia foron: Madrid, Asturias, País Vasco, Castela e León, Cataluña, e incluso de Santa Cruz de Tenerife. Dende a Deputación informan tamén, como dato curioso, que para a meirande parte dos viaxeiros e viaxeiras foi a primeira vez que vivían esta experiencia turística única. 

PREVISIÓNS PARA A NOVA TEMPADA

O Presidente da Deputación asegurou ademais que as previsións para esta temporada son positivas. Os datos actuais indican unha ocupación do 70% para o resto deste mes, grazas ás reservas previamente realizadas. De feito, para a ponte do 1 de maio, quedan xa poucas prazas libres nos tres percorridos ofrecidos polo Canón do Sil.

Tomando como referencia a tempada completa –ata decembro– rexistráronse xa máis de 12.000 reservas, unha demanda que confirma interese e estabilidade para o uso do servizo nos vindeiros meses.

A Deputación de Lugo destina a este servizo turístico un orzamento aproximado de 800.000 euros, investimento que demostra o compromiso da institución por un turismo de calidade que ten un impacto económico directo na hostalería e no comercio, tanto na comarca como no conxunto da provincia de Lugo.

RESERVAS E RUTAS

As persoas interesadas en realizar as rutas poden adquirir os seus billetes na páxina web: reservas.rutasembalses.es

No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionan dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas en 107 prazas no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo conta cunha capacidade total de 63 viaxeiros. 

Neste mes de abril, os catamaráns da Deputación navegan de mércores a domingo pola ruta Canón do Sil, e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes as fins de semana. Igual que durante o mes de maio, no que tamén haberá servizo en ambas rutas o primeiro luns do mes, pola festividade do Traballo, e o día 17, con motivo das Letras Galegas.

ÚLTIMAS

Intercambio de acusacións entre o PP e o PSOE en Monforte ante a suba da taxa de recollida de lixo

Esta semana o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, explicou que SOGAMA sube a...

O BNG reclama unha protección especial para o túnel romano de Montefurado

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Suárez, demanda na Comisión 6.ª Industria, Enerxía,...

A AV do Saviñao demanda medidas para mellorar a xestión do lixo no municipio

A AV asegura ter recibido queixas e peticións veciñais relacionadas coas carencias na xestión...

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra presenta o seu Plan Director

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu ao acto de presentación das liñas...