Homesociedade2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este luns pola mañá celebrouse a mesa de contratación relativa a apertura do sobres coas ofertas económicas para a execución do proxecto de mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os edificios de vivendas da zona da Pinguela. Resultou adxudicataria a empresa Francisco Gómez y CÍA, S.L., con 86 puntos, cun orzamemmento de 188.180€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os edificios de vivendas da zona da Pinguela. Abordarase a mellora das vías, aparcadoiros e beirarrúas municipais situadas no entorno do Campo municipal de fútbol, o Pavillón polideportivo, a Piscina municipal e as Pistas de tenis.

O Alcalde monfortino explica que “a causa da reforma do Pavillón de A Pinguela, fixéronse actuacións sobre o seu entorno, polo que é necesario reordenar as circulacións e as prazas de aparcamento que dan servizo ás instalacións deportivas municipais, así como ós edificios de vivendas existentes na zona.”

Con esta nova ordenación vai haber 263 prazas para turismos, 8 para discapacitados, 3 para autobuses e outras prazas para motos e bicicletas, cun total de 274 prazas para vehículos. A actuación de mellora das vías deste entorno da Pinguela abranguerá unha lonxitude total de 420 metros, cun ancho medio de 21,05 metros. A superficie total de actuación será de 8.847 metros cadrados, preto dunha hectárea.

Con este proxecto de mellora do entorno da Pinguela, ós que se engade o da iluminación dos estacionamentos desta zona, anunciado recentemente, así como a mellora integral da piscina, esta zona da cidade completará a súa transformación, posto que o Executivo de José Tomé xa levou a cabo a mellora das súas rúas, o novo parque Covas-Pinguela, o novo Pavillón polideportivo municipal, ou as melloras do Campo de Fútbol. “So quedará por arranxar as pistas de tenis, algo que temos xa en proxecto”, conclúe José Tomé.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...