HomesociedadeCharla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

O Auditorio Municipal de Chantada acolle este xoves, 18 de abril, ás 18:00h. unha charla informativa sobre seguridade dirixida a toda a poboación, con especial atención á prevención e mellora da seguridade das persoas máis maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior e imparte a Garda Civil de Lugo, para ofrecer información e consellos ante roubos, furtos, estafas, malos tratos… e saber como actuar ante estas circunstancias se o delito se produce na vía pública, no domicilio, no banco, en internet ou nas viaxes.

Por exemplo, na vía pública recoméndase camiñar pola parte interior da beirarrúa, colocando o bolso no lado da parede. Evitar facer ostentación de xoias ou outros obxectos de valor e protexer bolsos ou carteiras nas grandes aglomeracións.

Con internet aconséllase non confiar en supostas mensaxes dos bancos nas que soliciten as claves secretas ou os números das tarxetas bancarias. Non realizar compras en páxinas que non garantan a seguridade dos datos. Ser precavido co perfil e datos persoais ao acceder a redes sociais e desconfiar de grandes ofertas na internet.

Insistirase durante a charla aberta a todas as persoas interesadas en que a Policía e a Garda Civil están para axudarlles, “Se vostede ten algún problema, ou cre que foi vítima dalgún delito, non dubide en chamarnos”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...