HomesociedadeRoteiro Literario para coñecer as localizacións da novela "A Boca do Monte",...

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Da man da autora, Celia Díaz, 96 estudantes do IES As Lagoas de Ourense percorreron os escenarios da súa obra publicada no 2016. Ademais do túnel de Montefurado tamén visitaron Rairos, Augasmestas e as Covas do Medo de Margaride.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado luns, 15 de abril, os escenarios da novela A boca do monte acompañados de Celia Díaz Núñez, a autora da obra literaria publicada pola editorial Galaxia no ano 2016. A obra  recrea a construción do túnel de Montefurado no século II, en tempos do emperador Traxano, para recoller o ouro que o Sil arrastraba ao seu paso.

Os estudantes no Miradoiro dos Anguieiros. Foto: Celia D.

O roteiro iniciouse en Rairos, ao pé do Castro de Ares, punto onde comeza e remata a novela, e continuou ata o túnel de Montefurado, coñecido popularmente como a Boca do Monte, onde puideron contemplar o inmenso oco aberto na montaña e que representa un dos grandes logros da enxeñería romana. O percorrido continuou por Augasmestas e as Covas do Medo de Margaride, lugares que teñen tamén presenza na ficción literaria da escritora e profesora quiroguesa.

Os estudantes do IES As Lagoas en Augasmestas. Foto: Celia D.
A rapazada nas Covas do Medo, en Margaride. Foto: Celia D.

En cada punto do itinerario os estudantes coñeceron os aspectos históricos que sustentan a trama e leron fragmentos significativos da novela localizados neses mesmos lugares. En palabras de Celia, “literatura e historia déronse a man e achegaron aos estudantes un patrimonio xeográfico e histórico de extraordinaria importancia”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...