HomesociedadeComezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

Este mércores comezaron a traballar as máquinas na parcela do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón, logo de que o luns os técnicos da Deputación e a empresa adxudicataria asinaran a acta de replanteo, o último trámite administrativo previo ao inicio das tarefas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que teñen un prazo de execución de 12 meses e un investimento de 2,2M€, despois da cesión de contrato por parte da adxudicataria inicial, un procedemento que foi autorizado pola institución provincial hai un mes, momento no que o Presidente anunciou que as obras darían comezo na segunda quincena de abril, tal e como así se produce.

José Tomé destacou que, seguindo o modelo asistencial público que ten implantado a Deputación, a residencia da Pobra do Brollón ofrecerá unha atención de calidade aos usuarios, e favorecerá o arraigo dos veciños e veciñas do municipio, pois terán prioridade no acceso ás prazas. Ademais, o centro creará emprego sostible, con 25 postos de traballo directos, aos que hai que sumar os indirectos e o retorno económico que leva consigo o funcionamento deste novo servizo.

Características do centro

O Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón da Deputación de Lugo situarase na Avenida de Outeiro, contará con 36 prazas e na súa contorna disporá de espazos verdes pensados para o benestar das persoas usuarias. Estará situada ao carón do centro de día municipal e será un edificio disposto en dous bloques compactos en forma de L en planta baixa, cun pequeno semisoto e unha superficie construída de 1.779 m2.

O edificio contará con catro áreas diferenciadas: a área residencial, a área de dirección e administración, a área de servizos xerais e a de atención especializada. Na área residencial atoparanse os dormitorios, as zonas de convivencia e espazos diáfanos. Na área de dirección e administración, que se atopará no recibidor de entrada, será onde estean os despachos e onde se reciban ás persoas de fóra do centro. Na área de servizos estará a cociña, o comedor, os corredores e o soportal exterior; e no semisoto situarase a lavandería e os locais de mantemento e seguridade. A cuarta área será a de atención especializada, onde se integrará o despacho médico, a sala de curas, dúas habitacións de enfermaría, e un baño asistido. A área de rehabilitación situarase nun local independente próximo á zona de recepción.

Arquivo presentación residencia / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...