HomesociedadeFin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Como prólogo da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra que se celebrará do 24 ao 26 de maio, organízase un Fam Trip durante a fin de semana coa participación de catro instagramers.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio a Primavera de Portas Abertas que promove Turismo de Galicia en todas as rutas do viño de Galicia. A programación presentarase o martes, 23 de setembro.

Como novidade este ano, a Axencia de Turismo de Galicia organiza fins de semana nas 5 Rutas con instagramers. Co obxectivo de dar a coñecer os recursos turísticos, gastronómicos, paisaxísticos e patrimoniais da Ruta do Viño da Ribeira Sacra cóntase desde este venres ata o 21 de abril, cun Fam Trip dos distintos bloggers que percorrerán o territorio para despois difundilo. Contarase con representación de: @petiscosgalegos, @galicia.angibaldrich, @gallegoviajero e @curiosi.travel

Os bloggers chegaban este venres pola tarde ao aloxamento Mogay de Chantada e tiveron cea no restaurante A Faragulla. O resto do programa de visitas dos/as influencers seguirá a seguinte axenda:

Sábado 20 de abril

  • 09.30h. Almorzono Hotel Mogay.
  • 11.00h. Visita adega Vía Romama, ubicada nunha casa solariega do século XVI.
  • 12.30h. “Coñecemos o Miño pola Ribeira Sacra”. Comezo en Belesar para facer unha ruta na lancha Quinta Sacra con vistas ao Cabo do Mundo, ao castelo de Marce e á fervenza de Augacaída. Visita á adega Finca Míllara con degustación de viños e pratos típicos da zona.
  • 14.00h. Xantarna adega Finca Míllara (Pantón).
  • 16.00h. Visita guiada ao Ecomuseo Arxeriz (O Saviñao), espazo de 35 hectáreas axardinadas, fronte a un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra: o Cabo do Mundo.
  • 18.00h. Visita ao mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, reservado unicamente a mulleres, conservou a súa función desde a súa creación (s. X).
  • 20.30h. Traslado ao aloxamento no Parador de Monforte de Lemos.
  • 22.00h. Ceacon viño da D.O. Ribeira Sacra no restaurante Edulis (Monforte de Lemos).

Domingo 21 de abril

  • 08.30h. Almorzono Parador de Monforte de Lemos.
  • 09.30h. Visita aos Miradoiros de Pena do Castelo e da Penas de Matacás con fantásticas vistas sobre o Canón do Sil.
  • 12.00h. Visita e cata na adega Ponte da Boga, a máis antiga da Ribeira Sacra, ubicada ao pé de Castro Caldelas.
  • 13.00h. Paseo guiado por Castro Caldelas. Subida ao castelo.
  • 14.15h. Xantarno restaurante La Viuda (A Pobra de Trives).
  • 16.30h. Traslado desde A Pobra de Trives á estación de ferrocarril de Ourense.
  • 17.45h. Chegada.

O día 2 de maio abrirase o prazo para inscribirse nas actividades da Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra a través da web https://rutadelvinoribeirasacra.org/lista-actividades/es.

ÚLTIMAS

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante...