HomesociedadeFotografías gañadoras do Certame 'Fotoxénica Mente VII' da Asoc. Albores

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Os resultados desta edición foron dados a coñecer días atrás nas redes sociais da entidade dirixida á atención da sáude mental na zona sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía “Fotoxénica Mente” deste ano. Os resultados foron revelados o día 17 a través do perfil de Facebook da entidade Albores e nos vindeiros días contactarán coas persoas gañadoras para acordar a entrega de premios.

  • 1º premio de 200 € + diploma + Publicación e difusión da fotografía no vindeiro cartel conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental: “O camiño de volta” de Iago Manoel Souto Lorenzo.
  • 2º premio de 75 € + diploma acreditativo: “Cicatrices do meu coraza” de Pablo Mateo Bernal Agulla.
  • 3º premio de 25 € + diploma acreditativo: “Yin e Yang” de Lola.

Mensaxe da fotografia gañadora: Ás veces, a nosa mente pódenos levar facilmente a sitios apartados e descoñecidos nos que non nos gusta estar. Saír dese lugar pódese converter nunha tarefa realmente difícil, pero nunca imposible. Buscar persoas que nos escoiten, que nos entendan e que nos apoien é a clave para atopar o camiño de volta.

“Cicatrices do meu coraza” de Pablo Mateo Bernal Agulla.
“Yin e Yang” de Lola.

Albores convoca este concurso cada ano para promover a reflexión sobre a saúde mental entre a cidadanía. As persoas gañadoras reciben un premio en metálico e un diploma e as 10 mellores fotografías participan nunha exposición de duración anual, mostra na que as imaxes van acompañadas de textos para achegar información básica á cidadanía que sirva para previr as doenzas, detectalas e facilitar o contacto coa entidade en caso de que se precise axuda. Ademais a achega de información veraz favorece a desaparición dos falsos mitos e estereotipos, tan arraigados na nosa sociedade e que sustentan o estigma e discriminación das persoas con problemas mentais.

Este ano o lema elixido para contextualizar as fotografías era “A saúde mental como dereito universal”. “O motivo polo que o seleccionamos foi que a Organizacón Mundial da Saúde o tomou para a última campaña do Día Mundial da Saúde Mental, ao considerar que está subestimada en comparación coa saúde física”, explican dende Albores.

Os datos que atopa a OMS son reveladores: a nivel mundial só o 7% dos orzamentos sanitarios van destinados a abordar problemas de saúde mental, entre os que se atopan problemáticas de saude pública tan graves coma o suicidio, que aqueixa con especial incidencia a zonas como a nosa, sendo Lugo a provincia que encabeza o número de suicidios de España.

ESCOLA DE SAÚDE MENTAL: A TÚA MENTE IMPORTA

Albores está a impulsar tamén unha iniciativa na que profesionais de distintas disciplinas das ciencias sanitarias e sociais ofrecen unha serie de charlas divulgativas para achegar coñecementos prácticos e doados de executar por parte das persoas interesadas en mellorar a súa saúde mental.

A videira charla terá lugar o día 26 de abril no Salón de Actos do Hospital de Monforte de Lemos, en horario de 16:00 a 20:00 horas. O título da mesma é “Seguridade e orde no fogar”. Quen estea interesado/a pode inscribirse chamando ao 982 404968 ou escribindo un correo electrónico a t.social@albores.org.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...