HomesociedadeDo 22 de abril ao 2 de maio córtase o tráfico no...

Do 22 de abril ao 2 de maio córtase o tráfico no paso a nivel da Florida en Monforte

Segundo comunicaron os responsables de ADIF ó Concello, o corte producirase dende as 8 horas do vindeiro luns 22 de abril e ata as 15:00 horas do venres 10 de maio de 2024. Adicionalmente, desde ADIF habilitarase un paso provisional para que os peóns poidan cruzar dun lado a outro das vías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes traballos enmárcanse no proxecto de renovación de vía na liña 810 Monforte de Lemos-Ourense, e dado que a execución dos citados traballos require de varios días para efectualos, é necesario levar a cabo o citado corte do tráfico de vehículos no paso a nivel da rúa Roberto Baamonde, tras finalizar hai uns días os traballos que obrigaron a pechar o paso a nivel da rúa Escultor Francisco Moure, e posteriormente o paso a nivel existente na rúa Reboredo.

O itinerario alternativo será sinalizado a través de sinalética oficial a cargo da Policía Local e será o seguinte:

  • Para o corte deste paso, o tráfico de entrada a Monforte procedente da N-120 e da rúa Valle Inclán/(LU-933) desviarase, no caso dos vehículos pesados pola N-120 ata a estrada CG-2.1 sinalizando o desvío tanto no punto de enlace da glorieta de Rúa Benito Vicetto.
  • No caso dos vehículos lixeiros, os procedentes de rúa Valle Inclán poderán desviarse por rúa Chamoso Lamas e os procedentes da N-120 e resto de entradas desviaranse por Cuatro Vientos e rúa Escultor Francisco Moure.
  • Para o tráfico de saída da cidade, os vehículos procedentes de rúa Leopoldo Calvo Sotelo e os de rúa Roberto Baamonde, establecerase como ruta alternativa a rúa da Estrela entrando desde Praza do Piñeiro, requirindo a supresión do estacionamento no tramo fronte a esta praza para permitir a fluidez do tráfico.
  • Igualmente, o tráfico de vehículos pesados que procedan de Lugo e Chantada, e demais entradas da zona norte, desviaranse pola Ronda Urbana e N-120A ata a CG-2.1, desde a que enlazarán á N-120.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...