HomesociedadeCSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do 2022

CSIF Lugo insta o concello de Monforte a cumprir a lei e que recoñeza aos seus traballadores o dereito para gozar dos dous días adicionais de asuntos particulares pendentes do ano 2022 por coincidir os días 24 e 31 de decembro en sábado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados por sentenza do Contencioso Administrativo nº1 de Lugo, que fallou a favor do recurso interposto por CSIF contra o concello e que agora foi ratificado por outra sentenza do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

CSIF Lugo solicitara no seu momento, en Mesa Xeral de Negociación, o recoñecemento destes días, pero a Xunta de Goberno Local do concello desestimara a petición ao non ser considerados festivos nacionais de carácter non recuperable e non sustituible polas Comunidades Autónomas.

Fronte a esta decisión, CSIF formulou un recurso de reposición, en base a dúas resolucións, unha da Secretaría de Estado de Función Pública e outra da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta, polas que se ditan instrucións sobre a xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos, pero o concello desestimouna, igualmente, ao considerar que ningunha desas normas ten carácter de lexislación básica do Estado e non é aplicación ao Concello.

Ante esta situación, a Central Sindical decidiu ir un paso máis aló e interpoñer un recurso contencioso administrativo, baseándose en que a lexislación aplicable neste caso recoñece que tanto a resolución da Secretaría de Estado, como a de Función Pública resultan directamente aplicables á administración local e, por tanto, o concello ten a obrigación de recoñecer máis días de permiso aos xa recoñecidos.

A pesar de que a sentenza do Contencioso foi contundente, o concello decidiu interpoñer recurso de apelación ante o TSJ de Galicia, que hai uns días ditou sentenza desestimando devandito recurso e confirmando a sentenza do Xulgado nº 1 de Lugo, condenando, ademais, ao concello a pagar as custas procesais.

Para CSIF Lugo, ante a posibilidade de interpoñer recurso de casación, pide ao concello que deixe de cuestionar xa os dereitos dos seus traballadores e cumpra o que ditaron os tribunais, “o contrario, non só é vulnerar estes dereitos se non malgastar tempo e recursos económicos de todos os cidadáns en procesos xudiciais”.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...