HomesociedadeO IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Será este venres 26 de abril e farao cunha programación completa na que haberá unha conferencia pola mañá e un acto oficial pola tarde a partir das 19:00 h. no Salón de Actos. Como remate da xornada terán unha cea con concerto do grupo Os Parentes.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na que celebrará o seu 40 aniversario. Pola mañá, a partir das 12:35 h., terán unha conferencia da man do científico Ángel Carracedo con alumnado de 4º ESO e Bacharelato e pola tarde-noite o resto de actos.

ACTO OFICIAL

Ás 19:00 h, terá lugar o acto oficial no salón de actos do centro, acto no que intervirán as seguintes autoridades: o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Alcalde de Monforte de Lemos.

A continuación haberá un Recital de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía e profesora do IES A Pinguela, acompañada ao piano de Samuel Casas.

Despois intervirán tamén, Matías Vázquez Yáñez, en representación do primeiro profesorado do centro, Mar López sotelo, en representación do alumnado das primeiras promocións do instituto, e Enrique Sampil, director do IES A Pinguela.

Haberá tamén unha lembranza aos anteriores directores do instituto: Manuel Balea González, Joaquín Trijillo Castilla, José Ramón Casanova Otero, e Pilar Silvosa Costa; e tamén á traxectoria do propio centro dende a súa creación ata a actualidade. “Actualmente xa superamos os 500 alumnos para os que traballamos 79 profesores. Somos 7 grupos de ESO, 6 de Bacharelato, FP Básica e 12 ciclos formativos de 4 familias profesionais: Administración, Imaxe Persoal, Informática e Téxtil”, sinala Enrique Sampil, director actual.

Fotos antigas do alumnado / IES A Pinguela
CEA E CONCERTO

Ás 21:30 h. rematará a xornada cunha cea de confraternidade no Restaurante Don Manuel, para a continuación gozar do concerto do grupo “Os Parentes” de Sober.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...