HomesociedadeAly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Ten programados dous concertos no Restaurante Ruxe-Ruxe e no Bar Musical Bravo Lux, o venres 26 e sábado 27 de abril respectivamente. A artista, afincada en Barcelona fai tributos a figuras relevantes da música como Tina Turner, Janis Joplin ou Amy Winehouse.

Publicado o

- Advertisement -

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte de nai, estará esta fin de semana de visita por estas terras con dous bolos programados nos que promete facer gozar ao público co seu proxecto Aly Alma Music de concertos en acústico.

Falamos dunha artista afincada e moi recoñecida en Cataluña –reside en Berga, Barcelona– que pasa tamén por ser unha das mellores opcións para aqueles locais que queren ofrecer ao seu público experiencias de calidade, de música en vivo orgánica e moi elegante inspirada nas raíces da música afroamericana.

Nos seus directos traballa con cinco repertorios en diversos formatos e traballados cunha estética e conceptos moi definidos, que incluso teñen a vantaxe de poder adaptarse ao tipo de celebración: ceas-concerto, concertos, celebracións, festas, aniversarios…

Para esta mini-xira que a trae a Quiroga e á Rúa, Aly Alma ofrece un espectáculo no que, baixo o título “Violet Mood”, fará un tributo a artistas femininas como Tina Turner, Janis Joplin ou Amy Winehouse. O Show, como nos conta ela, estreouse o pasado mes de marzo en Barcelona coa intención de visibilizar a estas mulleres tan relevantes no panorama musical internacional.

ACTUACIÓNS

Este venres 26 de abril actuará no Restaurante Ruxe-Ruxe de Quiroga ás 22:30 h. nun evento que se presenta como cea-concerto e o sábado 27 ofrecerá un concerto na sala Bravo Lux da Rúa. Neste caso, o acústico será ás 20:00 h. dentro do ciclo de tardeos que adoita programar este establecemento ao longo do ano.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...