Homesociedade230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e...

230.000 euros para mellorar dúas estradas que pasan por Paradela, Baralla e Láncara

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o venres 3 de maio dúas novas obras para mellorar a rede de estradas provinciais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Voceira socialista da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, concretou que o Executivo acordou licitar unha obra por 105.000 € para mellorar un tramo de algo máis de 3 quilómetros na LU-P-5709, que é a estrada que conecta no concello de Paradela a parroquia de Santa María de Vilamaior coa de Castro de Rei Lemos. Explicou tamén que estes traballos –que afectan ao treito comprendido entre os puntos quilométricos 10,760 e o 13,875 e que terán un prazo de execución de 2 meses– consistirán na reapertura de cunetas, na reparación dos afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical.

“Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra e une dúas estradas autonómicas, a LU-633 e a LU-611”, valorou García Porto.

A Xunta de Goberno tamén acordou a licitación, por 130.000€, uns traballos para o arranxo de máis de 10 quilómetros da LU-P-0503, que é a estrada provincial que conecta Baralla e Láncara. Tal e como explicou a Voceira socialista, estas obras –que afectan á práctica totalidade da vía, dende o seu inicio ata o punto quilométrico 10,500 e terán un prazo de execución de 3 meses– consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e na repavimentación.

García Porto destacou que “esta estrada dá servizo directo ás parroquias de Aranza, Santa María de Pol e Vale; tamén a varias empresas madeireiras e une Baralla coa autonómica que conecta Sarria e Becerreá”.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...